PRIMEIRA FUTGAL G2, (21ª Xda) : “O MUXÍA SUBE O PODIO DA LIGA TRAS VENCER NO DERBI, O CASTRIZ SAE DO DESCENSO MENTRES FISTERRA E ESTEIRANA SEGUEN EN PLENA BORRASCA”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

21ª Xornada

Domingo 08/02/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

Boirmorto CF 0-0 SD Fisterra, Supendido 55´

SD Castriz 2-1 Cire Melide

SCDR Esteirana 0-4 SR Calo

Camariñas FC 0-2 CF Muxía

Hoxe por problemas facemos unha crónica máis recortada e cos comentarios que nos chegaron, e iremos sumando segundo nos cheguen máis.

CRÓNICA XERAL

Xornada de luces e sombras para os equipos da Costa, marcada tamén polas condicións meteorolóxicas. O encontro entre o Boimorto e o Fisterra tivo que ser suspendido no minuto 55 co marcador inicial de 0-0, debido ao mal estado do terreo de xogo, que coa chuvia caída e o paso dos minutos acabou converténdose nunha auténtica horta de patacas, facendo imposible a práctica do fútbol en condicións mínimas.

 

No apartado positivo, destaca o gran momento do Muxía, que co espaldarazo moral de levarse o Derbi da Ría continúa coa súa progresión e instálase no podio da liga, demostrando que é un equipo en clara liña ascendente e con opcións reais a todo nesta competición. A regularidade e o bo xogo están a dar os seus froitos e permiten ao conxunto muxián mirar cara arriba sen complexos.

Tamén foi unha xornada clave para o Castriz, que logrou unha vitoria moi sufrida pero vital por 2-1 fronte ao Cire de Melide, un triunfo que lle permite abandonar os postos de descenso e coller algo de aire nun tramo decisivo da tempada.

Pola súa banda, o Camariñas mantense un punto por riba do Castriz e ve agora o descenso a dous puntos, nunha loita que promete emoción ata o final. Pola parte baixa da táboa continúan afincados o Fisterra e a Esteirana, que seguen en situación comprometida e necesitados de resultados positivos nas vindeiras xornadas para cambiar a dinámica.

Unha xornada condicionada pola chuvia, pero que deixa movementos importantes na clasificación dos equipos da Costa.

Camariñas FC 0-2 CF Muxía

Juan Cabrejo : “Partido o que chegábamos dous equipos con dinámicas moi distintas na que o Muxía chegaba cunha dinámica impresionante e nós todo contrario, acusando as baixas en especial en ataque con toda a liña con problemas e tratamos d improvisar un pouco ca idea de defender ver e que o Muxía non nos fixera dano no apartado ofensivo.

O encontro comezou así, cos muxiáns co dominio do balón pero sen crearnos perigo. Todo trocou co penalti que nos trastocou todo. Tentamos un pouquiño buscar con balóns longos as costas da defensa muxiana pero non tivemos moita claridade e antes do descanso chega o segundo no que nun desaxuste defensivo chégalle o balón o mellor que teñen en remates de testa e a pesares de que Jorge fixo unha gran estirada non puido evitar o gol.  O 0-2 matou o encontro e na segunda aproveitamos para darlle minutos a xuvenís. Só queda seguir traballando, miar para adiante, recuperara xente e tratar de romper esta mala dinámica e tirar para adiante”.

Sergio “Pataca”, (adestrador do Muxía) : “Partido difícil e moi competitivo, saímos enchufados sen conceder en todo o encontro, tendo o partido controlado en todo momento, conseguimos ir ao descanso co 0-2, con gol de Nogue de penalti e o segundo do capitán de cabeza, na segunda co vento en contra tocounos intentar dominar a través do balón pero sempre é difícil co estado do céspede do Vicente Carril, tivemos varias chegadas para sentenciar e o Camariñas tivo un disparo afastado xa no min 90, quinta vitoria seguida dun equipo que pouco máis hai que dicir del.”

O Detalle  

Fermosa estampa a que inmortalizou a nosa colaboradora Marina Busto cos dous capitáns do Camariñas e Muxía cun cariñoso saúdo con complicidade, diante dos coilexiados. Moriño, (Camariñas) e Michael, (Muxía), dous veteranos que se enfrentaron numerosas veces nos equipos dos seus pobo e noutros, e ademáis dous ao estilo antigo, pois os dous son capitáns do equipo e capitáns no mar, dous mariñeiros que atópanse faenando un a carón do outro en imnumerables ocasións.

CLASIFICACIÓN

1º Bertamiráns F.C. : 40 puntos
2º S.R. Calo : 39 puntos
Muxía C.F. : 39 puntos
4º S.D. Cacheiras : 38 puntos
5º C.S.D. Arzúa : 37 puntos
6º Club do Mar : 34 puntos
7º Rac San Lorenzo : 33 puntos
8º Praíña Sporting : 31 puntos
9º Cire de Melide : 30 puntos
10º Vizoño S.D. : 29 puntos
11º C.C.D. Queixas : 27 puntos
12º Boimorto C.F. : 25 puntos
13º Camariñas F.C. : 24 puntos
14º S.D. Castriz : 23 puntos
15º S.D. Tordoia : 22 puntos
16º U.D. Bastavales : 21 puntos
17º S.D. Fisterra : 14 puntos
18º S.D. Esteirana : 14 puntos

.

PRIMEIRA FUTGAL G2

22ª Xornada

Domingo 15/02/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SD Fisterra – Camariñas FC, ás 17:00

Bastavales UD – SD CastrizCire Melide, ás –:–

CF Muxía  SCDR Esteirana, ás 16:00

.

-Fotos : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : propios e baixo a responsabilidade dos adestradores.