PRIMEIRA FUTGAL G2; (19ª Xda) : “O Muxía lévase o derbi ante o Fisterra, empate para a Esteirana e o Castriz e derrota do Camariñas).

PRIMEIRA FUTGAL G2
19ª Xornada
Domingo 25/01/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

 SD Fisterra 0-2 CF Muxía

SD Cacheiras 0-0 SCDR Esteirana

SD Tordoia 2-2 SD Castriz

Camariñas FC 2-3 R. San Lorenzo

Pon un problema de saude que me impide estar fronte a unha pantalla hoxe os comentarios van os que me chegaron e a crónica máis escueta.

Xornada agridoce para os equipos da Costa na Primeira Futgal G2

A 19ª xornada deixou sensacións contrapostas para os conxuntos costeiros, cun gran golpe enriba da mesa do CF Muxía no derbi ante o Fisterra e cun empate esperanzador do Castriz no debut de José Barca no banco.

No Arasolis, o Muxía foi quen de impoñerse con autoridade a unha SD Fisterra que continúa sen atopar o rumbo. O 0-2 final confirma o bo momento dos muxiáns, que seguen asentados na zona alta da táboa e demostraron ser un equipo sólido, competitivo e maduro, mentres que os fisterráns continúan afundidos na parte baixa, con urxencia de reacción.

A Esteirana sumou un punto sen goles no campo do Cacheiras, nun encontro moi trabado e de escasas ocasións. O empate serve para cortar a sangría, pero segue deixando aos das Salinas nunha situación clasificatoria moi delicada, necesitados de sumar de tres en tres canto antes.

En Tordoia, o Castriz estreou adestrador tras a saída de Miguel Chouza. O debut de José Barca saldouse cun empate (2-2) nun partido intenso, no que os xalleiros competiron ben e amosaron carácter. O punto sabe a pouco pola situación na táboa, pero pode marcar un punto de inflexión anímico.

Cómpre lembrar e poñer en valor a figura de Miguel Chouza, un grande colaborador da nosa web, alma mater en tódolos éxitos do Castriz, e artífice dun ciclo histórico que levou ao club ata a Primeira Futgal, deixando unha pegada imborrable no clube tanto no vestiario como na afección. O noso desexo do mellor para Miguel.

Por último, o Camariñas caeu no Vicente Carril ante o Racing San Lorenzo (2-3), nun partido aberto e con alternativas, no que chegaron a igualar duas veces cando os santiagueses se poñían por diante. pero no que os camariñáns volveron pagar caros os erros defensivos. A derrota mantén ao equipo nunha zona incómoda da clasificación a 5 puntos do descenso direto, obrigado a reaccionar nas vindeiras xornadas.

SD Fisterra 0-2 CF Muxía

Leo Picallo, (adestrador do SD Fisterra) :

“Partido moi ben competido pola nosa parte, ante un dos mellores equipos cos que nos atopamos este ano; dá gusto ver así o Muxía. Ao final decídese o partido en dúas accións puntuais. O partido creo que foi do agrado da xente, iso si, sen moitas ocasións, e cando é así, a balanza inclínase cara ao equipo que está mellor na táboa clasificatoria. Toca seguir pelexando”.

Sergio : “Pataca”, (adestrador do CF Muxía) :

“Partido moi trabado, con moi pouco tempo efectivo de xogo, constantes paróns, saques de banda, córners… Quixemos ser prácticos, porque, a pesar de que a clasificación di o contrario, gañar no Ara Solis sempre custa bastante. Unha primeira parte igualada na que tivemos varias chegadas con faltas laterais e pouco máis.

Na segunda, moito mellor plantados, xa se viu o equipo que leva 8 vitorias nos últimos 10 partidos e, pouco a pouco, fomos capaces de superar a un Fisterra combativo, cun gol de Nogueira dende a frontal e un penalti que transforma Víctor”.

Clasificación 

1º Bertamiráns FC : 36
2º CSD Arzúa : 35
3º SD Cacheiras : 34
4º SR Calo : 33
5º CF Muxía : 33
6º Racing San Lorenzo : 32
7º Cire de Melide : 30
8º Praíña Sporting : 30
9º Club do Mar : 28
10º Vizoño SD : 28
11º CCD Queixas : 25
12º Boimorto CF : 25
13º Camariñas FC : 24
14º SD Tordoia : 21
15º UD Bastavales : 20
16º SD Castriz : 19
17º SD Esteirana : 11
18º SD Fisterra : 11

.

PRIMEIRA FUTGAL G2
20ª Xornada
Domingo 01/02/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

 SD Fisterra – SD Tordoia

CF Muxía – Boimorto FC

R. San LorenzoSCDR Esteirana

CSD Arzúa SD Castriz

SR Calo  Camariñas FC

-Fotos : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”