PRIMEIRA FUTGAL G2, (18ª Xda) : “O Muxía remóntalle ao Tordoia, (2-1) no encontro matinal deste Domingo”.

CF Muxía 2-1 SD Tordoia

Primeira metade na que o Tordoia defendeu ben ante un Muxía impreciso que puido poñerse por diante cun balón o poste pero que se veu por detrás no marcador tras un erro de desaxuste defensivo no que Iván Bouzón tivo que sair fora da sua parcela e nunha boa manobra do atacante driblaba e marcaba a porta baleira. Tratou de empatar o equipo muxián pero topouse cun equipo tordoies moi ben plantado atrás e buscando algún roubo en medio campo para voltar a inquietar a porta muxiana.

Na segunda metade o equipo muxián saeu a polo empate e acadaríao no 59 por medio do capitán Michael Vilela. O xogo embarullouse un pouco con bastantes parón e cartón e na ansiedade dos da Vila da Barca pola vitoria sería o goleador Fran Moreira o que facía o gol que a postre sería o da vitoria para os muxiáns.

Sergio “Pataca”, (adestrador do CF Muxía) : “Partido igualadísimo, primeiros minutos nos que o Tordoia estivo mellor, con dúas boas chegadas, sendo remates que parou Iván. Cambiamos o plan e o equipo mellorou, acumulando chegadas, aínda que non moi claras, pero nun despiste, por non ser contundentes, o rival púxose por diante.

No descanso realizo tres cambios e o equipo sae moito máis enchufado. Pronto empataríamos cun gol do capitán nun saque de esquina. Seguimos acumulando chegadas e, nunha xogada na que o equipo visitante protestou moito, conseguimos o definitivo 2-1. De aquí ao final o equipo non pasou demasiados apuros”.

Goles : 0-1, Abel Torres, (19´); 1-1, Michael, 859´); 2-1, Fran Moreira, (72´).

 

CF Muxía : Iván Bouzón; Matero, Michael, Álex Martínez, Roberto, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Carlos Costa, Isma Márquez, Brais e Mauro Romanía. Suplentes : Joel Lema, Fran Moreira, Manu Nogueira, Carlos Antelo e Manuel Martínez.

SD Tordoia : Fran Mallo, Alejandro Estévez, José A. Liñares, Abel, Fernando Liñares, Javier Seoane, Nicolás, Iván, Adam, Hugo e Mateo. Suplentes : Juan Brais, Rubén, Jorge e Alejandro Liñares.

Árbitro : Alejandro Tato auspiciado nas bandas por Esteban Domínguez e María Pérez.

PRIMEIRA FUTGAL G2
18ª Xornada
Domingo 18/01/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

CF Muxía 2-1 SD Tordoia

SR Calo 2-1 SD Fisterra

SD Cacheiras 2-0 SCDR Esteirana

SD Castriz 1-0 Club do Mar

Bertamiráns FC 1-2 Camariñas FC

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”