PRIMEIRA FUTGAL : CRÓNICAS E CLASIFICACIÓN DA 4ª XORNADA E PREVIA DA 5ª.

Mario Varela, (SD San Lorenzo).

 

Por unha operación nun ollo non podo estar exposto moito tempo a pantalla do ordenador, polo que de momento non vos poido traer as crónicas como cada tempada. Aquí tedes un pequeno comentario sobre como lles foi as 6 equipos que temos da costa na Primeira Futgal : 

 

PRIMEIRA FUTGAL

-4ª Xornada-

-29/09/2024-

CF Muxía 2-0 Boimorto CF

SD San Lorenzo 2-3 Bastavales UD

SCDR Esteirana 5-0 Vea CF

Club do Mar 2-0 SD Fisterra

SD Castriz 1-1 SD Agolada

CF Dumbría 2-1 Praiña Sporting Club

SR Calo 2-2 Vizoño SD

Vista Alegre 0-3 SD Tordoia

Bertamiráns FC 1-5 UD Carral 

 

Saida o campo do San Lorenzo-Bastavales.

 

Comezou mal o equipo de Marco López e veuse cun 0-2 en contra con goles dos visitantes Levis, (20´) e Julián Nieto, (26´), pero tras estes dous goles reaccionou e acurtou distanzas por medio de Ricardo, (31´). Na segunda metade o San Lorenzo saeu a polo empate pero topábanse cun gol máis en contra, (50´), e non tardaban en voltar a meterse de cheo na loita polos puntos cun tanto de novo de Ricardo, (59´). Buscouse o empate pero non chegaría ante a boa defensa do Bastavales, que se levaba os 3 puntos, (2-3).

Traballada vitoria do Muxía na volta a Arliña nun choque ante o Boimorto, un dos “cocos” da categoría, na que se adiantaban os de Sergio “Pataca” nos derradeiros intres da primeira metade gracias a un gol en propia porta de Diego Quintas que lle desviaba o balón o seu porteiro Iker Ferreira aos 39 minutos de xogo. Non foi ata o 77 cando Víctor Alcaina sentenzaba o choque para sumar o segundo trunfo dos da Vila da Barca.

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador o Fisterra encaixou o primeiro tanto da derrota por 2-0 ante o Club do Mar de Caión nada máis comezar a segunda metade. Ashier no 48 batía por primeira vez a Joselu. O encontro estivo na incertidume no marcador ata o desconto final cando Mario Vila facía o segundo para os caioneses, (94´).

Gran encontro da Esteirana ante o Vea, (5-0), nun choque no que Isma Pedrosa adiantaba aos de Esteiro no ecuador da primeira metade, 823´), e Pablo Rama facía o segundo antes do descanso. Un gol de Toni, (47´), aos poucos do reinicio deixaba practicamente sentenzado o chqoue e máis cando pasada a hora de xogo, Pablo Rama facía o cuarto, (4-0). Xa co choque nun tempo de espera a que acabase, Brais, (84´), facía o que completaba a “manciña”.

Emate do Castriz ante o Agolada, (1-1), nun choque no que se adiantaban os de Miguel Chouza por medio de Borja a media hora de xogo. Resultado co que se chegaba o descanso. Xa na segunda metade e cos visitantes a procura do empate e os castricenses buscando roubar e sair a contra, Víctor Vilariño acadaba o empate para os visitantes, (67´). Puido pasar de todo pero xa non se movería o marcador.

Terceira vitoria do Dumbría, que vía como se adiantaba o Praiña xusto antes de irse o descanso cun tanto de Aarón, (45´). Sairon a polo equipo visitante os do Conco e era Brais o que acadaba a igualada antes da hora de xogo, (57´). Non desistiron na loita pola vitoria os dumbrieses e acadábana xusto cando se disputaban os minutos do desconto final, (90´), cun tanto de Pablo Paz.

 

-CLASIFICACIÓN-

-Equipos da costa-

 SCDR Esteirana : 9 puntos

CF Dumbría : 9 puntos

 CF Muxía : 6 puntos

11º SD Castriz : 5 puntos

12º SD Fisterra : 4 puntos

17º SD San Lorenzo : 1 puntos

 

Muxía-San Lorenzo é un dos derbis da 5ª xornada.

 

-5ª Xornada-

-06/10/2024-

CF Muxía-San Lorenzo

SD Fisterra-SCDR Esteirana

SD Tordoia-SD Castriz

UD Carral-CF Dumbría

Bastavales UD-Club do Mar

Vea CF-SR Calo

Vizoño SD-Vista Alegre

SD SD Agolada-Bertamiráns

FC Boimorot CF-Praiña Sporting Club

 

P.D. : Por un problema de saúde ata recuperarse as crónicas farémolas sobre as actas dos encontros e o que nos contan, para cando se poida ,facelas de novo coas palabras dos adesradores.

 

-Fotos San Lorenzo : Luis González Botas

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies