PRIMEIRA DERROTA DO UC CEE E ED AS MIÚDAS NA 3ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3, (Crónicas).

 

XUVENTUDE AGUIÑO SD 6-2 ED AS MIÚDAS

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Primeira derrota da temporada para as Miúdas, suele pasar cando se xuntan unha mala semana de adestamentos e un plantexamento inicial equivocado por parte do adestrador, e o fútbol sempre devolve o esforzo que lle das.
Así no primeiro minuto Nuria amosaría o motivo polo que as ribeirenses van punteiras na taboa, as de Muros ainda non se posicionaran no campo, e no minuto 8 outro balón as costas da zaga visitante faría que Nuria fixera o seu doblete particular, nin rastro das da Costa da Morte sobre o tapete da Guía.

Pasado o cuarto de hora, desta volta polo carril central, Rut encara sin apenas oposición desde o medio e plántase ante Adriana que pouco pode facer ante o aluvión ofensivo das locales, minuto 17 e parecía todo visto para sentencia. Intentaron as de Aguiño baixar o ritmo de xogo triangulando, e viñeron os primwiros achegamentos das visitantes que parecían espertar para evitar un resultado lastimoso, varios saques de curruncho con moito perigo pero Marta mandou fora a máis clara con todo o seu favor a un metro da liña de gol.

Empezaban os mellores momentos para as de Muros que adiantaron a presión e tentaron ser máis directas, así Pati consigueu recurtar distancias no minuto 35 e espoliar o seu equipo, pero cando mellor estaban as Miúdas, volta a sombra nunha falta innecesaria e escorada na banda que Alitas executa por alto e Adri non consigue blocar entrando co balón na rede. Mazazo antes do descanso.
Na volta de vestiarios veuse outro encontro, dominio alterno do balón, cambio de esquema das visitantes e alternancia do dominio do balón, pero as mellores ocasións eran das de Muros, así Eva, materializaría o seu gol con dedicatoria especial para o ceo tralo pasamento de seu avó nesta semana. E lume no peito para as “rosinejras” que volvían a crer na posibilidade de sacar algo positivo, pero as “circunstancias” eran outras, o xogo parábase e curtaba o ritmo que buscaban as de Muros, e as locales con moito oficio administraban a renda lanzando contras perigosas para rubricar o seu dominio, nun destes lances, pase en profundidade de Alitas sobre Lucía, Martina sae o paso e na pugna entre as dúas hombro con hombro a capitana das Miúdas gaña o balón pero o colexiado sinala pena máxima, e tanta PENA, incredulidade por ambos bandos, e a propia Lucía poría o 5-2 dende o punto de penalti acabando con calquer atisbo de esperanza das de Muros que competiron mellor na segunda parte, pero que tras este gol, xunto coa falta de forzas baixarían definitivamente os brazos.

Así, no 83, a puntilla definitiva nun golazo tras unha xogada trenzada entre Rut e Alitas, e esta última, que foi a mellor sobre o campo na tarde do domingo finiquitaría de vaselina ante Adriana para ledicia das líderes.

Dende o cadro visitante desexámoslle unha pronta recuperación a Rosalía, meta local, que mancou un brazo tras un forte disparo de Antía, para que volte canto antes os campos a disfrutar a carón das compañeiras. Agradecemos tamén a todo o equipo e afición do Xuventú Aguiño o respecto mostrado no minuto de silencio na honra da avoa de IrÍa e avó de Eva que nos deixaron nesta semana complicada. E felicitámolas de paso pola merecida victoria e liderato que manteñem polo bo facer mostrado dende o arranque de campaña. Vémonos no Eleuterio Balayo”.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

+++++

 

UC CEE 1-5 ARZÚA CF FEMININO

Muchi, (Adestrador do UC Cee) :Recibía o Cee ao Arzúa na tarde-noite do sábado. As visitantes, un equipo máis veterano que as xoves locais, adaptáronse rápido e ben prantadas ás dimensións do campo ceense, e pouco a pouco foron collendo a iniciativa do partido a partir de rápidas transicións cunha protagonista clara, Helena, autora de 4 tantos.

Adiantáronse con dúas xogadas individuais con gran potencia e desborde aproveitando as grandes dimensións do campo. Despois diso, as ceenses, con baixas importantes, soltaronse algo máis e tiveron algunha ocasión para reducir a distancia no marcador, pero na última xogada do primeiro tempo, de novo a potente dianteira visitante marcaría noutra xogada individual.

Saíron do descanso moito mellor as locais e comezaron a combinar e chegar algo máis arriba, pero as visitantes aguantaron ben o arreón cun equipo moi ben prantado en zona media e despejando toda disputa que existía. Así estivo o partido ata o ecuador da segunda metade, onde de novo Helena culminaría outra xogada despois de gañar dúas disputas a defensa local e definir o pau largo. Ahí, o partido rompeuse máis e houbo ocasións para os dous lados, tendo Uxía, Canosa e Lucía un total de 4 ocasións de gol para as locais. Tamén as visitantes fixeron lucirse a Noemí en varias ocasións antes de marcar de novo. Ahí, apareceu Lucía Canosa para en dúas xogadas individuais primeiro avisar, e despois marcar o gol da honra ceense previo ao final do partido”.

 

FICHA TÉCNICA

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.