As bergantiñanas caeron inxustamente.
Bergantiños FC 1-2 SD Tordoia
Primeira derrota da tempada para o equipo bergantiñán, que curta unha dinámica moi boa nesta comezo de liga con 3 vitorias e 1 empate, nas catro xornadas disputadas.
Así nos comenta Gueli Cotelo, adestrador das carballesas, como foi o derbi ante o SD Tordoia : “Derbi que se presentaba igualado despois da boa dinámica de resultados que tiña o equipo visitante. O Tordoia sabía moi ben ao que viña Carballo, a facer o seu xogo con perdas de tempo, xa que lles valía o empate. Esperar atrás e saír rápido con Rebe, a súa xogadora máis importante.
Na primeira parte o Bergantiños tiña o dominio do balón e tivo algunhas ocasiones pero sen demasiado acerto, e o Tordoia defendía e tentaba saír rápido, pero apenas se achegou con perigo á portería de Ainhoa, só nalgunha acción illada a balón parado.
Na segunda parte tivemos que facer dous cambios por lesión e o equipo cambiou. Empezamos a dominar máis, fisicamente fomos superiores e empezamos a ter ocasións claras de gol. Un tiro ao pau e dous ou tres ocasiones man a man coa porteira visitante, pero non estivemos acertados de fronte gol.
Finalmente conseguimos marcar a través de Trillo no minuto 80, resultado que facía xustiza durante todo o partido, pero mesmo quedaba curto porque o Bergantiños tivo máis ocasións. O minuto seguinte o Tordoia conseguiu empatar da única forma que podía crear perigo, nun córner. O Bergantiños foi máis ambicioso e foise arriba tentando marcar o gol de vitoria porque non se conformaba co empate. Por mor diso, na última xogada do partido, unha contra para o equipo visitante acabou marcando o 1-2 definitivo, resultado totalmente inxusto tralo visto nos noventa minutos que durou o partido. Para a semana volver sumar de tres puntos na visita a Antas de Ulla”.
Clasificación
O empate antre o Victoria CF “B”, (que segue liderando a liga), e o Sporting Cambre, (1-1), fai que haxa un triple empate a 13 puntos na cabeza da táboa, co Sárdoma e o CD Lugo e o CF “B”. As bergantiñanas, caen a 5ª posición, cos 10 putnos que tiñan, a 3 das da cabeza e a 1 do Orzán SD que as supera nesta xornada.
Próxima xornada
O Bergantiños FC Feminino visita na 6ª xornada de liga ao colista, SD Antas, no “Castro Seoane”, o Domingo 16 de Outubro a partires das 18:00 horas. O As Antas, que a pasada semana tamén xogou como local, caía por 0-5 ante o Atlético Arousana.
-Foto : Bergantiños FC Departamento de Prensa
-Texto : piratasdemuxia