PRIMEIRA DERROTA DO BERGANTIÑOS FC FEMININO ANTE O ORZÁN SD, (3-2) NUN CHOQUE QUE MERECEU MOITO MÁIS.

 

 Orzán SD 3-2 Bergantiños FC

Duelo antre un dos favoritos, que se reforzou con xogadoras do equipo B do Deportivo. Comezou con moita disputa de balón e o equipo coruñés nunha contra poñíase por diante cun tanto de Lucía Vilas, (15´). Parecía que o empate podía chegar en calquer momento, polas ocasións que tiveron as bergantiñanas, pero foron as herculinas as que se poñían con 2-0 cun tanto de Laura pasada a media hora de xogo, (34´). Pouc9 despois Marián acurtaba distanzas, (37´).

Saeu moi metido no encontro o equipo carballés e creou ocasións claras para empatar, especialmente nas botas de Marián, Alba e Cruz, e foi esta última a que acadaba a igualada, (72´). As bergantiñanas, con moita confianza seguiron a procura do gol da vitoria e tiveron oportunidades para facer o 2-3, con dous man a man ca meta Yaiza García, e un tiro o pau, pero foi noutra contra que colleu descolocado o equipo carballés e Laura Otero facía o que sería o definitivo, 3-2.

Resultado que segundo nos comentaba o adestrador Gueli Cotelo : “É inxusto, incluso o empate non sería suficiente para nosoutros”.

Goles : 1-0, Lucía, (15´); 2-0, Laura, (34´); 2-1, Marián, (37´); 2-2, Cruz, (72´); 3-2, Laura, (84´).

 

Na 4ª xornada o equipo de Carballo tócalle descansar.

 

Clasificación

A pesares da derrota o equipo bergantiñista continua liderando a liga con 6 puntos, agora cos mesmos putnos ten por detrás ao Orzán SD, pero as coruñesas cun encontro menos. Xa no terceiro chanzo está o SD Antas con 4 puntos. Ben e certo que equipos coma o Friol B, ten 3 puntos cun só choque disputado. Hai que lembrar que esta liga ten un equipo que descansa cada semana e logo ten outro que descansa o haberse reitrado antes de comezar a competición o Betanzos CF, polo que son dous os que descansan, dado que era moi complicado arranxar o calendario e que xogasen tódolos equipos tódalas semanas.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Comunicación Bergantiños FC