O CF Muxía, (Primeira Galicia G2), comunicábanos a pasada semana da renovación de 15 dos seus xogadores e antes a do seu adestrador Sergio “Pataca”, síntoma da boa, (historica), campaña que veñen de facer. O club que preside Juan José Busto fainos chegar a comunicación dun dos seus xogadores máis queiidos, polo compromiso e a raza que amosou na sua recuperación e faino dunha maniera moi amotiva e agradecida :
“Hoxe tócanos despedir a un compañeiro moi especial. Álex Martínez pon punto e final á súa etapa no Muxía despois de defender esta camisola desde o ano 2019.
Durante todos estes anos, Álex foi un exemplo de compromiso, traballo e superación. Xa fose no mediocentro ou no lateral, sempre estivo disposto a dar o máximo polo equipo, demostrando entrega e personalidade en cada partido.
O seu camiño non foi doado. Tivo que afrontar dúas graves lesións de xeonllo que poñerían a proba a calquera deportista. Pero se algo define a Álex é a súa fortaleza. Soubo levantarse unha e outra vez, traballando con humildade e sacrificio para volver facer o que máis lle gusta: competir e axudar aos seus compañeiros.
Máis alá do futbolista, marcha unha persoa querida por todos. Un gran compañeiro de vestiario, un amigo sempre disposto a axudar e alguén que deixa pegada tanto dentro como fóra do campo.
Desde o Muxía queremos agradecerche todos estes anos de dedicación, esforzo e lealdade. Levas contigo o respecto, o cariño e a admiración de toda a familia muxiá.
Moita sorte nesta nova etapa, Álex. Esta sempre será a túa casa…Gracias por todo”.
-RENOVACIÓNS-
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto e información : Prensa CF Muxía
-Foto xogada : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”




