PRIMA A CORDURA…O BERGANTIÑOS-SEVILLA CON ENTRADAS A 10 E 15 EUROS…EN RIAZOR.

Tribuna Inferior e Superior abriranse para o partido.

 

Xa é unha putada que estes incompetentes da Real Federación Española de Fútbol fagan o “paripé” de “buenazos” e incluir aos equipos da 3ª División nestas roldas da Copa do Rei. “Putada”, o facelo sen contar con que lles van prohibir xogar nos seus campos que son regulamentarios, non por incluilos, que é unha inxección económica para os clubes.

Tras matarse por cumplir o que pedían o Bergantiños CF veu que ao estil das institucións marítimas, cada vez que lles pedían algo, faltaba algo que non lles tiñan pedido. 

Ante esta situación, os carballeses pediron axuda ao RC Deportivo, co “Estadio de Riazor” a pouco máis de 20 minutos de Carballo. O que non se esperaban nen eles, nen tódolos que somos deportivistas e por ser da nosa zona, bergantiñistas, era a negativa da diretiva deportivista, con problemas maiores ca este por arranxar. A disculpa era do máis ridículo. O partido dentro de duas semanas, (daquela 3), e a disculpa as chuvias, cando na Coruña choveu 4 veces menos ca en toda Costa da Morte, (E Coristanco en Novembro recolléronse preto de 500 l/m2, na Coruña non chegou os 200), e vendo como ainda se rega o campo os días de partido, e sen mirar as prediccións a longo prazo.

Todo o deportivismo de Carballo, (conta con máis de 1000 socios e milleiros de seguidores do Depor), así como de toda azona da Costa da Morte e as Mariñas, con milleiros de deportivistas, rasgouse as vestimentas ante tal despropósito, falta de sensibilidade…Fomos moitos os que pedimos o RC Deportivo de maneira púbrica e institucional, (tamén a Federación de Peñas Deportivistas), que deran marcha atrás e que se lle cedese o campo, e ao final parece que chegou a cordura.

Unha chamada antre os clubes, derivou nunha xuntanza e chegouse tras horas de conversas a decisión da cesión do campo, e a apertura das gradas de Tribuna Superior e Inferior. O equipo carballés correrá cos gastos da apertura do estadio e levará os beneficios que se computen do mesmo.

As entradas serán a 10 euros para os socios do Bergantiños CF e 15 euros para o resto. De maneira anticipada nas taquillas do “Municipal As Eiros”, e noutros puntos que se habilitarán en Carballo e dos que vos daremos contada información. O día do encontro, (18 de Nadal), nas taquillas de Riazor. Estase estudando a venda por internet. Cando o clube carballés nos informa darémosvos toda a información.

O noso desexo da maior das sortes para o Bergantiños CF e que elimine o Sevilla FC e que volva a xogar outra eliminatoria en Riazor e se pode ser contra o Depor mellor.

 

COMUNICADO DEL BERGANTIÑOS F.C.

El partido de la primera ronda de la Copa del Rey entre el Bergantiños – Escuelas Luis Calvo y el Sevilla FC se jugará finalmente en el campo de Riazor. Desde Carballo queremos agradecer a Paco Zas y su directiva, al Concello da Coruña y a Alfredo Olivares, director de Composiciones y Fútbol no Profesional de la Real Federación Española de Fútbol, su buena disposición para acercar posturas y consensuar la mejor solución para todas las partes: para los seguidores del Bergan y todos los carballeses, pero también para el fútbol modesto gallego en general.

El Bergantiños quiere mostrar también su gratitud a la SD Compostela, el Atletico Arteixo y el Racing Club de Ferrol, quienes, de forma oficial, pusieron a nuestra disposición sus instalaciones para que se celebrase la eliminatoria en el caso de que quedasen descartados As Eiroas y Riazor; agradecimiento que extendemos a todos los clubs que hicieron lo mismo en las redes sociales o por otros canales. Y por supuesto, al Concello de Carballo, que colaboró con nosotros mano a mano y atendió todas las peticiones para acondicionar As Eiroas.

 

O Bergantiños invita as categorías de base suas e do SD Sofán

O equipo carballés nun acto destacable invitou a tódalas suas categorías de base e as do veciño SD Sofán a presenciar de balde o encontro da Copa do Rei antre o Bergantiños CF e o Sevilla FC do vindeiro 18 de Nadal en Riazor.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

-Comunicado : Bergantiños CF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies