PREVIAS : XUVENÍS, CADETES E INFANTÍS DA COSTA : “SÁBADO DE COPAS”

Sábado de Copas na Costa da Morte.

 

Mañán sábado 28 de Maio de 2022 xóganse as finais da Copa da Costa nas categorías de Infantil, Cadete e Xuvenil. O Agra de Filgueira en Louro, e o Xaviña de Buño, serán toda unha festa do fútbol base da costa.

 

-Aquí tes a previa desta tres finais-

 

“COPA DA COSTA XUVENIL”

-GRAN FINAL”

Corme CF-Xallas FC

Día : 28/05/2022

Hora : 17:30

Campo : Xaviña, (Buño)

Árbitro : Chrístian Sendón Villar

O camiño a Gran Final

Os cormeláns chegaron a esta finalísima tras deixar na cuneta ao Ponteceso SD, ao que en Oitavos derrotaron en Corme por 5-1 na ida e 0-3 na volta. Nos Cuartos gañábanlle ao Outes FC 1-2 na Serra e empataban a uns en Corme. Nas Semifinais caían por 2-1 ante o campión de liga, SD Sofán, e vencían en terras cormeláns por 2-0.

Pola sua banda o Xallas FC chega a esta finalísima tras desfacerse do Muxía CF, cun axustado 2-1 na ida e gañando con solvencia na Arliña por 0-4. Nos Cuartos derrotaban na Fontenla ao Soneira SD por 3-2 e gañaban en Vimianzo por 0-2. Nas semifinais empataba a uns, (1-1) co Cabana en Santa Comba e gañaba na prórroga 1-4 nas Redondas.

 

“COPA DA COSTA CADETE”

-GRAN FINAL”

Muxía CF-UD Cerqueda

Día : 28/05/2022

Hora : 12:30

Campo : Agra de Filgueira, (Cerqueda)

Árbitro : Carlos Señarís Balsas

 

O camiño a a Gran Final

O Muxía CF chega a esta final tras desfacerse en Cuartos do UC Cee, que xa viña dunha previa na que derrotou ao SD Sofán por 1-0. No encontro de ida, no “San Paio de Refoxos” vencían os muxiáns por 0-1, e na volta caían os ceenses tras empatar a uns, (1-1) na Arliña. Nas Semifinais os da Vila da Barca derrotaban en feudo muxián ao Xallas FC por 3-1, volvendo a gañar na volta, xa en terras xalleiras por 1-3.

Pola sua banda o UD Cerqueda en Cuartos deixaba fora ao Outes CF, tras vencer na ida, na Serra, por 2-3, e na volta empatar a uns, (1-1). En semifinais os cerquedenses derrotaban ao ED Os Miúdos, 1-0 na ida, e empatar a uns na volta, (1-1).

 

“COPA DA COSTA INFANTIL”

-GRAN FINAL”

Xallas FC-Outes FC

Día : 28/05/2022

Hora : 10:30

Campo : Agra de Filgueira, (Cerqueda)

Árbitro : David Vázquez Lema

 

O camiño a a Gran Final

O Xallas FC chega a esta final tras derrotar en Cuartos ao UD Cerqueda por 13-0 na ida, e empatar a ceros na volta, (0-0). En Semifinais o seu rival foi o SD Coristanco ao que venceron na Fontenla por un axustado 5-4, que auguraba un choque máis igualado do que foi, (0-4). 

O Outes CF desfíxose do EFB Concello de Carnota cun contundente 0-7 na ida e repetiron goleada cun claro 10-0 na volta. Xa en Semifinais, os outeses empataban 2-2 co UC Cee no “San Paio de Refoxos”, e na volta gañaban con solvencia por 7-4.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia