PREVIAS : A Romaría da Barca tamén marca o inicio da Liga da Costa, 3ª da Costa e 1ª Galega Feminina.

A Romaría da Barca condiciona, e moito, a actividade deportiva de Muxía e de boa parte da Costa da Morte. A presenza de moitos xogadores, xogadoras, familiares e afeccionados nos actos da gran festa muxiana fai que esta fin de semana sexa especialmente complicada para os clubs á hora de afrontar o comezo das competicións.

De feito, este pasado domingo xa botaron a andar a Preferente Norte e a Primeira Futgal G2, con presenza de varios dos equipos costeiros. Agora, coincidindo coa fin de semana grande da Barca, (11-12-13 e 14 de setembro), tócalle a quenda a outras tres categorías: a Liga da Costa, (Segunda Futgal A Costa), a 3ª da Costa, (Terceira Futgal A Costa) e a Primeira División Galega Feminina G1. (No caso da Terceira da Costa, a propia planificación federativa situaba oubricamente o inicio precisamente na fin de semana da Romaría).

E aí aparece o paradoxo habitual: mentres Muxía vive os seus días máis multitudinarios do ano, os clubs teñen que poñerse en marcha. Especialmente significativo será o caso do Xallas-Muxía feminino, que abrirá a Primeira División Galega cun derbi costeiro e polo que representa A Barca pásano o venres pola tarde, (o igual co senior masculino muxián da Primeira Futgal G2), no medio dunha fin de semana na que a atención da comarca estará posta na Romaría que ademáis ten moita aceptación e visita por parte das xentes de Santa Comba de toda a vida.

LIGA DA COSTA

(Segunda Futgal “A Costa”)

-Xornada 1-

13/09/2026

Ponteceso SD-Outes CF, ás 18:00

UD Corcubión-SD Fisterra, ás 18:00

Cabana SD-UC Cee, ás 18:00

CF Porteño-CD Baio, ás 17:00

SD Sofán “B”-Corme CF, ás 17:00

SCDR Esteirana-Camariñas FC, ás 18:00

Soneira SD-SD Coristanco, ás 19:00

SD Oza-SCD Malpica, ás 19:30

.

3ª DA COSTA

(Terceira Futgal “A Costa”)

-Xornada 1-

Venres 11/09/2026

Inter de Brens-UD Cerqueda, ás 21:15

Sábado 12/09/2026

SD Camelle-CD Baíñas, ás 17:30

Domingo 13/09/2026

Volantes de Baño FC-UD Monte Louro, ás 18:30

Sporting Seaia CF-CD Razo, ás 16:30

CF Lira-CD Muros, ás 18:00

SCD Buño-Bergantiños CF “B”, ás 18:00

CF Mazaricos-CD Nantón, ás 18:30

Sporting Zas-SD Laxe, ás 18:45

.

1ª División Galega Feminina G 1

-Xornada 1-

Venres 11/09/2026

Xallas FC-CF Muxía, ás 18:00

Sábado 12/09/2026

SCD Milagrosa-Victoria FC “B”, ás 18:00

Domingo 13/09/2026

UD Carral-Orzán SD “B”, ás 17:30

Bergantiños CF “B”-SCD Pastoriza, ás 10:00

SD Tordoia-Sporting Cambre, ás 12:00

.

PREFERENTE NORTE

(Preferente Futgal G1)

-Xornada 2-

13/09/2026

CF Noia-SD Sofán, ás 18:00

AD Miño-CF Dumbría, ás 19:00

.

PRIMEIRA FUTGAL G2

-Xornada 1-

11/09/2026

Xallas FC-CF Muxía, ás 20:30

13/09/2026

SD San Lorenzo-CCD Queixas, ás 17:00

SD Castriz-SR Calo, ás 19:00

(Completaremos tódolos resultados na AXENDA PIRATA de todo o fútbol da costa).

Unha fin de semana moi especial

O fútbol costeiro terá, que compartir protagonismo cunha das grandes citas do calendario dfestivo e relixioso de Galicia, declarada no 1999 de Interese Turistico Nacional e as portas de selo de Interese Internacional polo que atrae e representa. A Barca é a Barca, e iso nótase tamén nos campos: moitos futbolistas e afeccionados participan directamente na Romaría, mentres outros aproveitan estes días para achegarse a Muxía.

A circunstancia resulta especialmente curiosa no caso do Xallas-Muxía feminino, xa que ambos os dous equipos serán protagonistas dun dos primeiros partidos da competición e terán que facelo nunha fin de semana na que Muxía estará completamente inmersa na súa festa grande.

A Romaría celebrarase este ano entre o 11 e o 14 de setembro, co domingo 13 como día grande, polo que os clubs terán que facer encaixes para combinar fútbol e Barca.

Despois dun primeiro aperitivo coa Preferente e a Primeira Futgal, a pelota bota xa en toda a Costa da Morte, con tres novas ligas que comezan a súa andaina e cunha fin de semana na que, seguramente, haberá máis dun futbolista, (tanto destas ligas como de outras) que teña que escoller entre as botas e a romaría… ou intentar que o corpo lle de para todo, (como acostuma a pasar).

O Muxía da Primeira Futgal tamén cambia o día

O CF Muxía da Primeira Futgal G2, que comezaba a pasada semana a competición recibindo ao Bertamiráns FC na Arliña e que caía por 1-4 nun choque no que os muxiáns chegaban con moitas baixas por lesións de maior ou menor gravidade e por asuntos de traballo, tamén troca o seu encontro da segunda xornada desta liga no que visitará ao Xallas FC no primeiro derbi da tempada na Primeira Futgal G2 na que tamén están o SD Castriz, e o SD San Lorenzo, como representantes da costa. Os muxiáns xogarán o seu encontro despois do feminino, (ambos na Fontenla), e será o venres a partires das 20:30 horas.

–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–