PREVIA : XORNADA FINAL DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA : “ESTEIRANA E MUXÍA XÓGANSE A UNHA SOA CARTA O ASCENSO EN CABANA E CORISTANCO”.

FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA

Bruno Méndez volve a dirixir o Muxía nun choque polo ascenso.

 

Esteirana e Muxía xóganse este vindeiro Domingo 22 de Maio o único posto de ascenso a 1ª Galicia, en Cabana e Coristanco respectivamente.

Moi pouco premio o que ten a Liga da Costa cun só ascenso, despois de xogar unha liga de grupos e outra polo ascenso, unhas novas características de sistema de ascenso que non gustan a ninguén, e que as palabras máis repetidas antre directivos, xogadores e afeccionados, é a de “ridícula e inxusta”.

Os esteiráns visitan o Cabana SD e os muxiáns ao SD Coristanco, empatados ambos equipos a 17 puntos, e ainda que nas clasificacións da RFGF poñen aos muxiáns como primeiros, a realidade é que son os de Esteiro os que van primeiros por golaveraxe, xa que se ten en conta o total de goles a favor e en contra, desta fase e a primeira.

A Esteirana leva nas duas fases 60 goles a favor e 14 e contra ( 48 + 12 a favor e 9 + 5 en contra), e o Muxía 59 a favor (41 + 18) e 31 en contra (24 + 7). Polo tanto a Esteirana suma +46 e o Muxia +28.

Unha diferencia insalvable para os muxiáns nun partido, se finalmente se mantén o empate a puntos. O que falle si que pode pagalo quedando inxustamente fora dun ascenso que se merecen os dous, polo feito en toda a tempada, e ca única opción de xogarse toda unha tempada a unha carta por haber un só ascenso.

 

PREVIA XORNADA

 -Derradeira xornada-

SD Coristanco – Muxía CF 

Hora : 17:00

Campo : A Rocheira, (Coristanco)

Árbitro : Bruno Méndez Castro

 

 Cabana SD – SCDR Esteirana 

Hora :17:00

Campo :  As Redondas, (Cabana)

Árbitro : Pablo Rama Cotelo

 

SD Castriz – CD Muros

Hora : 17:00

Campo : San Pedro (Castriz)

Árbitro : Iván Ferreiro Santos

 

Clasificación 

SCDR Esteirana : 17 puntos

Muxía CF : 17

Cabana SD : 8

SD Castriz : 5

CD Muros : 5

SD Coristanco : 4

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia