DOMINGO SABEREMOS OS FINALISTAS
Este vindeiro Domingo 9 de Xuño saberemos quen serán os equipos que disputarán a Gran Final da “VI Copa da Costa de Veteranos”· o vindeiro 16 de Xuño, ainda sen campo nen horario. Os propios finalistas deberán poñerse dacordo no campo que albergará a finalísima.
Tralos encontros da ida, dos que vos demos contada información, o Porteño Veteranos e o San Lorenzo parten con vantaxe nesta volta de semifinais. Os da Ponte do Porto derrotaban por 0-2 ao San Román, actual campión con dous tantos de Héctor, (30´e 60´), e os de Verdillo derrotaban ao Ponteceso pola mínima, (1-0), cun solitario tanto de Alberto o fío do descanso, (44´), polo que están tódalas espadas en alto para a volta.
VOLTA DE SEMIFINAIS
(Domingo 9 Xuño)
Porteño Veteranos- ACD San Román
Hora : 10:00
Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)
Árbitro : Juan Marcos Ríos Suárez
ADC De Veteranos Ponteceso-SD San Lorenzo
Hora : 11:00
Campo : “O Pinguel”, (Ponteceso)
Árbitro : David Vázquez Lema
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es