PREVIA VOLTA SEMIFINAIS “LIX COPA DA COSTA” : “PORTEÑO-MUXÍA MAÑÁN VENRES E DUMBRÍA-PONTECESO O DOMINGO”.

 

Antre mañán venres 24 de Maio e o Domingo 26, saberemos quenes serán os dous equipos que xogarán a final da “LIX Copa da Costa”. O primeiro turno será para o Porteño e o Muxía que xogarán na tarde noite de mañán venres, (20:45 horas), no “A Grixa”, da Ponte do Porto, para que o Domingo 26 de Maio se disputen outro posto na final o Dumbría e o Ponteceso, (17:15 horas), no Municipal do “Conco” de Dumbría. Nos encontros da ida os muxiáns e os porteños empataban na “Arliña”, (2-2), namentras que no “Pinguel” pontecesán o Dumbría derrotaba por 0-1 ao Ponteceso. Resultados axustados polo que pode pasar de todo. Os equipos con maior desgaste son o Porteño e o Muxía, que tras xogar o pasado venres tocoulles xogar a promoción de ascenso a 1ª Galicia G2 dous días despois. Cousa que repetirán esta semana, por eso o de xogar en venres.

 

CF Porteño  CF Muxía

Día : 24/05/2024

Hora : 20:45

Campo : A Grixa, (Ponte do Porto)

Árbitro : Adrián Pérez Rellán

Árbitros asistentes : David Cancela e Diego Grille

 

CF Dumbría  Ponteceso SD

Día : 26/05/2024

Hora : 17:15

Campo : O Conco, (Dumbría)

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

Árbitros asistentes : Óscar Santos e Carlos Señarís.

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies