Este sábado 15 de Xuño xóganse os 2 encontros da volta de semifinais da Copa da Costa de Xuvenil. O Outes CF visita ao SD Soneira, cunha curta ventaxe de 3-1 namentras que o Corme CF ten moi ben o pase a final do 22 de Xuño tralo 5-1 sobre o SD Sofán que deberá arriscar moito no seu feudo para tratar de meterse.
-PREVIA DOS ENCONTROS-
SD SONEIRA-OUTES CF
Hora : 17:00
Campo : Municipal de Vimianzo
Árbitro : David Cancela García
Resultado da ida : 3-1 para os outeses
Resultados en liga : Outes CF 2-2 SD Soneira ; SD Soneira 1-3 Outes CF
Posto en liga : Outes CF : 7º con 56 puntos; SD Soneira : 5º con 58.
SD SOFÁN-CORME CF
Hora : 17:00
Campo : O Carral, (Sofán-Carballo)
Árbitro : Daniel Martínez Ferreiro
Resultado da ida : 5-1 para os cormeláns
Resultados en liga : Corme 5-0 SD Sofán; SD Sofán 0-2 Corme CF
Posto en liga : Corme CF : 2º con 71; SD Sofán : 8º con 51
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es