UC Cee-Sporting Seaia CF
A media mañán deste Domingo 21 de xuño o San Paio de Refoxos vestirase de gala para recibir o encontro de volta da final polo asecnso a Liga da Costa. UC Cee e Sporting Seaia dirimirán quen dos dous salta de categoría e quen xogará un ano máis no abismo costeiro, pois máis abaixo non hai nada.
No encontro de ida ainda que moi igualado e cada equipo tivo os seus momentos, tal e como vos contamos en piratasdemuxia.es, pero o equipo ceense soubo ser máis certeiro de cara a porta no tramo final para acabar cun suculento resultado de 1-3.
En liga o Sporting Seaia, que fletará un autobús de afeccionados para o encontro en terras ceenses, venceu por 1-2 no San Paio de Refoxos, nun choque no que se adiantaban os de Rafa Suárez cun tanto de Xián aos 3 minutos de xogo, pero remontaban para os seaieses Rafa Souto, (44´) e Iván Caamaño, (51´).
Xa no derradeiro encontro de liga os da Vila da Xunqueira visitaban aos da parroquia malpicana de Seaia, con os primeiros sen nada en xogo e a terceira praza asegurada e cos seaieses precisando gañan para non perder o posto de posión de promoción. A vitoria voltaba a caer do bando dos malpicáns, desta volta por 4-1, nu chqoue no que se ía o descanso con 1-0 con gol de Sergio Cancelas e na segunda metade finiquitaban o choque con goles de Edu Douto, (3-0), acurtaba o Cee cun tanto de Sergio González e completaba o 4-1, Diego Martínez, para os de Manuel Martínez.
-Derradeira aliñacións-
UC Cee : Jorge, Munitis, Diouck, Fontán, José, Carlos, Marco, Keko, Anxo, Pablo e Xián. Tamén xogaron: Adrián, César, Jonathan, Roberto, Sergio, Regueiro e Miguel.
Adestrador : Rafa Suárez
Sporting Seaia CF : Isaac, David, Álex Mato, Borja, Belar, Todosantos, Erik, Edu, Diego, Manu Castro e Juni. Tamén xogaron: Anxo, Brais, Simón, Rafa, Adri, Álex e Nico.
Adestrador : Manuel Martínez
.
-O ENCONTRO-
-Día : 21/06/2026
-Hora : 12:30
-Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
-Arbitro principal : Diego Grille
-Árbitros asistentes :
.
“Desexámoslle toda asorte do mundo ao equipo xalleiro, gran colaborador desde sempre con piratasdemuxia.es”.
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”