Decía Augusto César Lendoiro que a pesares de coincidir no de César non eran parente : “non fora a ser que…”, aí o deixaba o corcubionés con retranca. Hoxe comeza a “Era Luis Cesar” que esperemos que sexa produtiva e esto dea un troco na posta en escea do equipo e no sentir dos afeccionados, pois ata o de agora a sensación era de que algúns, (moitos), andaban perdidos polo campo, correndo sen sentido e dando pases doados, mal.
Moitas baixa, un total de 8 e o peor é que varias delas son dos que estaban a xogar, logo outras coma a de Michele Somma, para min son incomprensibles, pois xa é moito o tempo que leva o italiano no dique seco.
Luis César leva a 19 xogadores, dos que 5 son do Fabril, polo que un quedará fora, e tal como se veu onte co adestramento que tiveron no “Barranco Seco”, nas Plamas, Jovánovic que tivera molestias o venres, estivo sen problemas, polo que un dos descartados será un dos fabrilistas.
Terá o adestrador vilagarcián que mover de sitio a varios xogadores, e todo apunta a que Nolaskoain repetirá na zaga, e a él acompañarao o seu veciño Eneko Bóveda. Borja Galán collerá o carril dereito, con Bóveda na retagarda e David Simón na enfermaría. No eido de Gaku, (ca selección nipona), Vicente Gómez terá a oportunidade ante os que foron os seus dende neniño, e na punta pode entrar ou Longo ou Chrístian Santos, pois todo apunta a que Borja Valle collerá o interior esquerdo. O dereito pode ser ou para Aketxe, ou para un fabrilista, Os que teñen sitio asegurado son Dani Giménez, Salva Ruiz, e Álex Bergantiños, que non se moverán do sitio.
“Mal día para deixar de fumar”, como se diría no argot galego, por mor de tanta baixa e tanto troco de posición, ou “bo día para ir as troitas”, como tamén se di, e neste caso para os menos habituais e os xogadores fabrilistas para decir : “estou aquí”.
VERGONZOSO
Na rolda de prensa previa o encontro de Luis César non houbo un só xornalista que tivera a dignidade de facerlle unha soa pregunta o adestrador Luis Cesar en galego, verdadeiramente vergonzoso e un insulto a tódolos galegos parlantes do Depor e da nosa terra.
O ENCONTRO
UD Las Palmas Vs Depor
Xornada : 11
Posición/Puntos Las Palmas : 8º/15
Posición/Puntos Depor : 20º/8
Campo : Estadio Insular
Hora : 21:00, (19:00 GMT)
Árbitro : Luis Mario Milla Alvendiz
O ÁRBITRO
Árbitro do Colexio Andalúz, Luis Mario Milla Alvendiz, sevillano de La Rinconada, de 36 anos, que suma a sua terceira tyempada na 2ª División e que dirixeu esta tempada 4 encontros a dura derrota do Depor en Riazor ante o Albacete, ante concedeu un penalti inexistente que lle deu a vitoria aos albeceteños por 0-1, cun só tiro a porta, o do penalti e que lle anulou un gol legal a Mollejo, visto nas imaxes que non tocaba para nada o porteiro, senón que era o porteiro o que chocaba con él e deixábase caer. Bastante tarxeteiro, ainda que ante o Albacete consinteu o xogo duro dos visitantes. Amosa unha media de 6 amarelas por encontro e leva nesta tempada 2 vermellos en 4 encontros.
LISTA DE CONVOCADOS
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.