PREVIA : TAN SÓ O UD CORCUBIÓN FEMININO XOGA NESTA XORNADA DE FINAL DE “ENTRUIDO” DE TODO O FÚTBOL FEMININO CON EQUIPOS DA COSTA.

UD Corcubión Feminino

 

Nesta fin de semana de remate do “Entruido” cos enterros e queimas diversas, (sardiña, xurel, percebe, Mikaela, etc…), tan só hai un encontro no fútbol feminino, é o que enfrontará ao CD Marte e o UD Corcubión, da Liga de Fútbol 7 da Coruña Grupo A. Encontro da 13ª xornada. Dámoslle a benvida as crónicas da nosa web ao equipo corcubionés feminino, que pasa a ser parte das nosas crónicas e axendas.

Un encontro por todo o alto o que se xogará nos campos da Torre, (A Coruña), pois xogan primeiras contra segundas a partires das 17:00 horas no Campo da Torre Nº4 mañán Domingo 26 de Febreiro. Un choque no que se as corcubionesas conseguen vencer poñeríanse líderes, xa que tan só separan as herculinas e as corcubionesas 2 puntos. Non cabe dúbida que para as coruñesas unha vitoria non sería determinante a falla de 5 xornadas, que quedarían despois desta, pero terían un colchón para perder un encontro e empatar outro. No choque da primeira volta gañaban as corcubionesas por 2-0 con goles, os dous, de Sara Domínguez, tras esta vitoria as da Costa da Morte poñíanse líderes en solitario por enriba das da Coruña.

Ainda que os dous equipos teñen uns números moi parellos en cáseque todo, as coruñesas gañaron 11 encontro por 10 as de Corcubión, as herculinas non empataron ningún, e perderon 1, as corcubionesas empataron un e tamén perderon só 1 choque. No que hai unha diferenza abismal e na definición, pois as herculinas levan marcado a frioleira de 90 goles en 12 xornadas, polos 39 das costeiras. No que se refire a parte defensiva van moi parexas, pois as da Coruña levan 5 goles en contra, e as de Corcubión 7.

A máxima goleadora do Marte é Natalia Llanes con 22 goles en 9 encontros, cunha media de 2´44 por encontro. Esta rapaza parece ser que é sobriñaneta do ex deportivista Amancio Amaro, falecido esta mesma semana, 8D.E.P.). A segunda máxima goleadora do campionato é María del Carmen Pérera, con 21 en 12 encontros. Por parte do UD Corcubión a máxima goleadora é Noa Arteaga con 7 tantos en 7 encontros, seguida da sua compañeira Ana Sierra con un menos.

Resto de equipos e ligas

O resto dos equipos da costa, que xa descansaron a pasada fin de semana por mor do “Entruido”, volven a facelo nesta e non retomaran os seus encontros ata a vindeira fin de semana. Os horarios e datas dos choques que aparecen na táboa non son verdadeiros, é o horario oficial de Marzal, polo que na axenda de encontros da vindeira semana xa publicaremos as datas e horarios verdadeiros.

 

-Foto : Rubén Castillo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”