Co gallo da celebración da Semana Santa non haberá competición nas liga domésticas femininas pero sí que temos xa mañán xoves 2 de abril, dia de “Xoves Santo”, a disputa a encontro único das semifinais da “VI Copa da Costa Feminina”, na que o Corme da 2ª Galega, recibe ao Xallas da 1ª Galega, e o Cee recibe ao Muxía, ambos da 2ª Galega. Os encontros están designados para ás 17:00 horas o ser festivo para moita xente, aquí tes toda a información dos mesmos.
Corme CF – Xallas FC
O Corme CF na rolda de Oitavos deixaba na cuenta ao EFCC Juan Cabrejo gañando no Vicente Carril por 0-3, namentras que o Xallas FC, conseguía o mesmo resultado no San Andrés ante o Sporting Zas. Xa nos Cuartos as comrlanas que dirixe Rubén Souto vencía por 1-6 ao Cabana SD, namentras que o Xallas de Eloy García tiña que ir os penaltis no O Conco o empatar a ceros co CF Dumbría onde pasaban o quedar 3-4.
Día do encontro : 02/04
Hora : 17:00
Campo : O Cairo, (Corme)
Árbitro principal : Diego Grille Landeira
Asistentes : Adrián Riveiro e Hugo Bardanca
Resultado en liga : Non coinciden na mesma
.
UC Cee – CF Muxía
O UC Cee derrotaba ao Outes FC a domicilio por 0-3 no Conchido namentras que o CF Muxía goleaba ao ED As Miúdas por 0-7 no Eleuterio Balayo. Pola sua banda o equipo ceense que dirixe Rafa Suárez nos Cuartos eliminaba ao veciño UD Corcubión por 1-3, e o Muxía de Noe Iglesias tras ir gañándolle ao SCDR Esteirana por 7-0 na primeira metade tiña que sufrir no final para impoñerse por 8-6.
Día do encontro : 02/04
Hora : 17:00
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro principal : Bruno Méndez Castro
Asistentes : Manuel Trillo e Alejandro Antelo
Resultado en liga : Muxía 6-1 Cee, (1ª volta)
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
