Os que levamos uns poucos anos seguindo o fútbol da costa sabemos da importancia que tivo e ten a Copa da Costa para os clubes, xogadores e pobos, pero parece cada ano que ainos que non se enteran e para eles só son encontros do fútbol afeccionado e canto primeiro se acabe primeiro quedamos libres.
Este vindeiro Domingo 1 de Xuño do 2025 xóganase as semifinais da 2LX Copa da Costa” na que hai en liza 3 equipos da 1ª Futgal G2, (Castriz, Dumbría e Muxía), e un da Liga da Costa, (Outes), e en troques de xogarse unha semifinal sábado e outra Domingo, son as duas na xornada dominical e con media hora de diferenza do comezo dunha a outra. Esto impide que aos afeccionados que aman este fútbol poidan ir as duas.
No meramente deportivo e tras este sentir, que é o de moitísimos afeccionados e xogadores aquí tes a información destas semifinais das que ao ser a encontro único sairán os dous equipos que disputen a final a vindeira semana, ó 8 de Xuño, no que tamén se xogará a final da Copa da Costa Feminina que disputarán o CF Dumbría e o CF Muxía, (esa é outra…as rapazas non merecen un día para elas).
SD Castriz-CF Dumbría
Día : 01/06/2025
Hora : 18:00
Campo : San Pedro, (Castriz-Santa Comba)
Árbitro principal : Roberto Baña Amado
Árbitros asistenes : Bruno Méndez e Esteban Rodríguez
Outes FC-CF Muxía
Día : 01/06/2025
Hora : 18:30
Campo : O Conchido, (Outes)
Árbitro principal : Óscar Martínez Santos
Árbitros asistenes : Pablo Botana e Miguel Ángel Vilas
ASÍ CHEGARON ATA AS SEMIFINAIS
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
