PREVIA : SAN ROMÁN-SAN LORENZO FINAL DE “SANTOS VETERANOS” MAÑÁN EN ZAS.

 

ACD San Román SD San Lorenzo final da “Copa da Costa de Veteranos”

Mañán Domingo 16 de Xuño a partires das 11:00 horas terá lugar no San Andrés de Zas a final da “Copa da Costa de Veteranos. Unha final de “santos”. O ACD San Román que defende o título e que parecía que ía quedar fora tras caer na ida ante o Porteño Veteranos, (0-2), e logo remontar na volta 1-5, terá diante ao SD San Lorenzo que ven de deixar fora ao Ponteceso tras derrotalo nos dous encontros por 1-0.

Chegan a final os da Laracha con 3 encontros gañados e un perdido, (libraron por sorteo de Oitavos), con 10 goles a favor e 3 en contra, polas, unha derrota, 4 vitorias e 1 empate dos de Verdillo, con 12 goles a favor e 6 en contra, (os verdilleses xogaron dende Oitavos). 

Ambos equipos disputaron este ano a División de Honra de Veteranos G1 2Costa da Morte”, quedando os laracheses na segunda posición a puntos co campión, Sporting Zas e perdendo a liga por golaveraxe. Os verdilleses quedaron xusto por debaixo dos da Laracha a 2 puntos.

O ENCONTRO 

 

ACD San Román VS SD San Lorenzo

Hora : 11:00 

Campo : San Andrés, (Zas)

Árbitro : Alberot Baña Tajes, (Comité Galego)

Asistentes : Óscar Rey, (Comité Galego), e Óscar Santos, (Comité da Costa da Morte)

Resultados en liga : San Lorenzo 0-0 San Román ; San Román 3-1 San Lorenzo

Posto en liga : ACD San Román :2º con 61 puntos, (empatado co campión Sporting Zas); SD San Lorenzo : 3º con 59.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es