PREVIA : RAYO VALLECANO Vs DEPOR : “PUNTOS DE SUTURA”

 

Quedou unha ferida aberta a pasada semana en Huesca nun encontro malo de solemnidade do Depor no que o máis importante non foi a derrota, pois pódese perder en calquer campo e contra calquera, senón de como se produxo. Un equipo sen ideas e sen sangue que recibeu tódalas críticas merecidas e que ten que poñer ante o Rayo Vallecano de Paco Jémez, outro dos fortes pola condición de recén descendidos e que sumou dous empates, os “puntos de sutura” que pechen a ferida aberta.

 

3 fabrilistas na convocatoria

Mujaid, David Sánchez e Valín viaxaron coa expedición deportivista para a disputa deste encontro. As baixas de Michele Somma por lesión e do operado de apendicite Peru Nolaskoain, así como a marcha de Pedro Sánchez o Albacete fan que José Anquela tire do filial. Xa dixo en máis dunha vez que os ve moi preparados e confía neles, trala excelente pretempada que fixeron.

 

 

Hora, campo e colexiado e como velo

O encontro disputarase a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT) no Estadio de Vallecas do barrio madrileño e será dirixido por Daniel Trujillo Suárez, árbitro que foi descendido o pasado ano a Segunda por malo e que dirixeu na primeira xornada de liga o Girona 1-1 Sporting de Xixón.

O encontro poderá verse polas plataformas Orange, Jazztel e Mi Tele en #Vamos de Movistar.

 

Reforzos para o Depor

O clube ainda non o confirmou pero na prensa mexicana dan por feito que Diego Rola xogará cedido no Bravos de Ciudad Juárez, (Mexico). Esto que se conta que hoxe mesmo será confirmado polo RC Deportivo fará que cheguen o extremo serbio, Sasa Jovánovic, e todo apunta a que segundo a prensa valenciana chegue cedido o lateral esquerdo Salva Ruíz do Valencia CF. Tamén se fala de que poderían chegar o central do Atlético de Madrid, Francisco Montero ou o extremo tamén do clube madrileño, Víctor Mollejo.

 

22 peñas animarán o Depor en Vallecas

 

 

 

ROLDA DE PRENSA DE DIEGO CABALLO PREVIA O ENCONTRO

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es