PREVIA : RACING DE SANTANDER Vs DEPOR : “SERÁ O DÍA?”

 

Xa van moitas decepcións seguidas. Só unha vitoria con medio encontro bo e a sorte do gol de Chrístan Santos ante o Oviedo cando os ovetenses acadaran a igualada a dous, na primeira xornada. Nada apuntaba a como estaríamos agora uns e outros pois o Real Oviedo apuntaba sobre o papel a loitar polo ascenso e aí estamos cáseque 3 meses despois.

Neste periplo dous encontros nos que se mereceu gañar, ante Albacete, (0-1) e Almería, (0-0) e no resto dous empates, antre comiñas, como ante Numancia tras remontar e regalalo no treito finla, (3-), e ante o Cadiz, (0-0), no que o VAR birlounos 2 penaltis clarísimos. O resto derrotas máis ca merecidas, e algunha moi curta.

Hoxe o rival por aí se vai conós, ca diferenza de que ven de 2ª B e o seu principal obxetivo é a permanenza. Perdeu menos ca nós, (4) e empatou cáseuqe todo, (8 de 12) e a sua única vitoria foi aplastante, (4-0) ante o Mirandés.

Será hoxe o día unha vitoria para coller outra liña?. Será hoxe o día dun empate para facer bo o camiño que etá a amosar o Santander?. Ou será hoxe o día dunha nova derrota e facer o ridículo unha vez máis?.

Preto de 500 deportivistas estarán no “El Sardinero” de 42 peñas para facer unha vez máis, (como en cada encontro), que somos dun club, dun escudo, dunhas cores, que o noso non é só os resultados, como pasa nos equipos que se consideran “grandes” pero que teñen unhas afeccións resultadistas e sen corazón polo seu equipo.

Será hoxe o día?…

 

O ENCONTRO 

Racing de Santander Vs Depor

Xornada : 13

Campo : “El Sardinero”, (Santander)

Hora : 18:00 horas, (16:00 GMT)

Árbitro : Rubén Avalos Barrera

Partidos gañados : Santander/Depor : 1/1

Empatados : 8/5

Perdidos : 4/6

Goles a favor : 13/11

Goles en contra : 16/22

Faltas recibidas : 197/172

Faltas feitas : 197/187

Disparos a porta : 94/97

Pases : 3.889/5.011

 

O ÁRBITRO

Rubén Ávalos Barrera, do Colexio Catalán. Nado en Igualada, (Barcelona), fai 32 anos e que cumple a sua segunda tempada na Categoría de Prta do fútbol español. Colexiado moi tarxeteiro que suma 41 cartóns nos 6 encontros que leva dirixidos esta tempada cunha media de 6,83 por encontro. Esta tempada ainda non nos dirixeu ningún encontro nen a nós, nen aos cántabros. O ano pasado dirixeunos o 0-3 ante o Elxce en terras ilicitanas.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

PEÑAS QUE VIAXAN A SANTANDER

 

Ademáis das que aparecen nesta relación estarán representantes da Peña de Vilalba, polo que son 42 en realidade. Cóntase con preto de 500 deportivistas no “El Sardinero”.

 

-Lista de convocados : RC Deportivo

-Foto-Montaxe Peñas : Federación de Peñas Deportivistas

-Foto portada : Xose Búa “Pirata”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.