PREVIA PROMOCIÓN A PRIMEIRA FUTGAL, (Volta) : “O Xallas defendera ó 0-1 da ida ante o Atl. Os Castros para o ansiado ascenso”.

Xallas FC-Atlético Castros

O Xallas FC afronta o encontro máis decisivo da tempada, un choque no fío da navalla no que se caes hacia un lado córtase e non levas nada e se caes hacia o outro caes na rebanda do pan, ese que sabe a groria o ascenso a Primeira Futgal. O choque que en principio estaba programado para ás 12:00 horas foi cambiado por “Alerta por calor exremo” para ás 20:00 horas.

Os rapaces dirixidos por Bruno Prego teñen do encontro de ida unha suculenta vitoria po 0-1, que a hora de afrontar o encontro será como se o resultado fose de empate ou de derrota, pois como se sabe, se xogas a defender o resultado acabas pagándoo.

Xa o decía o tecnico xalleiro na crónica que fixemos do encontro de ida , deran “un gran paso pero non hai nada feito”. O adestrador pedía o apoio da afección que seguro que non lles vai fallar e verase unha A Fontenla chea de afeecionados desexosos de acadar o ansiado ascenso : “Co apoio da nosa afección, intentaremos brindarlle ao club, ao escudo, ao presidente e a toda a familia do Xallas ese ascenso á Primeira Rexional que tanto ansiamos“, decíanos a pasada semana Bruno Prego.

O camiño a final de ascenso

O Xallas na primeira eliminatoria empataba a ceros como vistante ante o Suevos CF, (0-0), e na volta en Santa Comba vencía por 2-1. Nesta sengunda como xa vos informamos derrotaban no A Grela 1 o Atlético Castros por 0-1,

Pola sua banda o Atlético Castros no seu campo goleaba ao Rodeiro CF, (3-0), e na volta caía por 2-1 no A Raña, (Rodeiro).

O Sofán B pendente

Este resultado é un halo de esperanza para o SD Sofán B pendente de que ascenda o equipo xalleiro para non sufrir arrastre a 3ª da Costa, polo que de seguro estarán apoiando os verdiños.

-Derradeiras aliñacións dos equipos-

Xallas FC: Iván, Noé, Adrián, Doro, David, Kevin, Brais, Víctor, Pablo, Adrián e Rubén. Tamén xogaron: Iker, Martín, Hugo, Sergio, Raúl, Rubén e Luis.

Adestrador : Bruno Prego

Atlético Castros: Guillermo, Carlos, Sergio, Marcos, Iker, Enrique, Mario, Nicolás, Ignacio, Pablo e Adrián. Tamén xogaron: Adrián, Álvaro, Miguel, Pedro, José, Iván e Alejandro.

Adestrador : Andrés Víctor Calvo

-O ENCONTRO-

-Día : 21/06/2026

-Hora : 20:00

-Campo : A Fontela, (Santa Comba)

-Arbitro principal : Bruno Méndez Castro

-Árbitros asistentes : Alfonso Caamaño e Manuel Rodríguez

.

“Desexámoslle toda asorte do mundo ao equipo xalleiro, gran colaborador desde sempre con piratasdemuxia.es”.

.

-Foto: Bruno Prego

-Texto : Xosé Búa “Pirata”