PREVIA : PAULA FANDIÑO, ADRI CASTRO E SHARAY CAAMAÑO ANALIZAS O PRE ENCONTRO DAS ALEVÍNS DO FISOBER FSF QUE XOGAN MAÑÁN EN DUMBRÍA O PRIMEIRO CHOQUE PARA ESTAR NA FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN DUMBRÍA.

A unión do grupo causa as virtudes posteriores.

Mañán sábado 14 de Xuño de 2025 terá lugar en Dumbría un fito histórico que ainda pode ser maior. O Fisober FSF Sub12, (alevín), xoga no Pavillón Municipal “O Conco”, a partires das 19:00 horas, a semifinal ante o FSF Zaragoza, na procura dunha praza na finalísima do Campionato de España de Fútbol Sala Feminino Sub12 que se disputará o Domingo antre o campión desta semifinal e o da que enfronta ao CFS Feminino San Fernando, (Madrid), e o Futsal Paulo Roberto, (Murcia).

Pase o que pase este elenco de rapazas da Costa da Morte son sen dúbida o equipo dun deporte de grupo con maior éxito acadado nunha tempada pois a Liga Provincial, temos que sumar o Campionato Galego e a Copa Galicia, que teñen conquistado nesta mesma tempada e ademáis clasificándose para esta “Final Four”, tras quedra campioas na Fase previa en Cataluña e goleando as anfitrionas na sua propia casa. Non nos cansamos de repetilo…extraordinario o rendemento e logros destas rapazas que adestran e dirixen, Paula Fandiño, Adiana Castro e Sharay Caamaño, que nos desvelan como están as rapazas na previa desta histórica cita.

Sharay Camaño, adestradora das rapazas e porteira do Fisober FSF senior afronta esta “Final Four” : “Con muita ilusión e moito orgullo. É emocionante ver como o esforzo de todo o equipo, tanto dentro como fóra da pista, nos trouxo ata aquí. Teño claro que o van dalo todo e que van loitar ata o final. Pase o que pase estou segura de que nos van facer sentir moi orgullosos…esta xeracion ven pisando forte”.

 

Pola sua banda Adri Castro, tamén xogadora do Fisober FSF senior e outra das adestradoras das rapazas tamén está e ve a todas con : “Con moitísima ilusión, temos un grupo futbolístico e humano espectacular, compartimos un ano increible con elas e con moitas gañas de disfrutar este premio. Persoalmente síntome afortunadísima de coñecelas, entrenalas e compartir todo esto con elas, con moitas gañas de que chegue e ó mesmo tempo con moita pena de que acabe. Deportivamente o obxetivo e o premio xa o temos, pero penso que acaban a temporada a un nivel moi alto e con opcións a todo, espero seguir xogando ata o domingo e que fagan un pouquiño máis de historia”. 

 

A sua vez Paula Fandiño que completa este trío de adestradoras, na que non hai un órde, (tamén xogadora do Fisober senior), amosa de cara o choque de mañán “gañas e nervos”, o mesmo tempo : “Personalmente, esta fase final afróntoa con moitas gañas e nervio. Creo que é a oportunidade de rematar a increíble temporada que fixeron colgándose o broche de ouro. Si fose cuestión de xusticia estaba feito, na nosa casa, coa nosa xente, no 20º aniversario do club…

Estou máis que orgullosa de todo o que fixeron ata agora e segura de que van estar a altura, quero máis, e elas tamén, asique pase o que pase creo que vai ser un espectáculo digno de ver, e quen sabe si a Copa Galicia non foi o derradeiro que levantamos este ano”.

Paula desvélanos o segredo deste extraordinario grupo de rapazas que fan un futsal moi por enroba das suas edades : “Penso que o secreto é o gran grupo que formaron desde inicio de temporada. A verdade é que son todas estupendas, cun nivel de implicación e compromiso co futsal espectacular, ademáis cas nais e pais que teñen, foinos moi doado de levar o grupo. Creo que cando estás a gusto desde o inicio, fórmase o vínculo xogadoras-adestradoras-pais e xunto coa calidade que xa traían e unhas pequenas pautas que lles ensinamos, foi todo fluído e conseguiron chegar a donde están”.

Segundo nos comenta Adri Castro a clave da competición : “Vai estar un pouco en controlar os nervos das nosas. Nese sentido a experiencia toda deste ano xogando finais co club e coas seleccións estase notando e fai que neste última tramo de temporada estén moito máis soltas e competindo a un nivel altísimo.

Estamos falando de alevíns, pero cunha experiencia e uns coñecementos xa tremendos. Só teñen que facer o que saben, como ben di Noa : “Gañar, divertirse, facer as cousas raras e non falar con desconocidos…E sobretodo, meter a pelotiña, que debemos sair a gol por cada 25 ocasións”.

Sharay Camaño fálanos de como ve as rapazas de cara a esta cita crucial que ten o “handicap” de que se xogue na casa e iso pode as veces ser contraproducente, pero ela que as coñece veas : “Máis que preparadas para esta cita. Levan toda a temporada traballando con entrega, medrando como equipo e superando retos que as fixeron máis fortes. Todo o vivido nas finales de Galicia, tanto liga copa como playoff, foron claves para chegar ata aquí con confianza e ambición”.

Adestramento e concentración

As rapazas terán un adestramento na tarde de hoxe e logo quedarán concentradas nunha casa de turismo rual de Dumbría ata que se dirixan a “O Conco” para a disputaa da semifinal.

O noso desexo do mellor para este grupo de rapazas nesta cuita historicas.

 

 FISOBER FSF SUB12

Marina Andrade, (Cee), Claudia Ares, (Cee), María Balayo, (Muros) Martina Fernández, (Muros), Alejandra García, (Muxía), Jimena Gordillo, (Carnota), Martina Lago, (Muros), Xenia March, (Camelle), Paula Miñones, (Camariñas), Zoe Montero, (Cee), Icia Romero, (Vimianzo), Noa Sambad, (Muxía), Lola Soneira, (Muxía) e Alba Taboada, (Cee).

-Fotos : Fisober FSF/Paula, Adri/Sharay

-Texto : Xodé Búa “Pirata”