PREVIA : OS EQUIPOS DA 1ª GALICIA G2 XOGAN TODOS O DOMINGO 18 DE SETEMBRO A 2ª XORNADA DE LIGA.

 

En principio, senón hai trocos de última hora, e tendo como referenza o publicado pola RFGF, o CF Mazaricos, CD Baio, SCDR Esteirana, Xallas FC, Soneira SD e CF Dumbría, que son os representantes costeiros da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, xogarán o Domingo 18 de Setembro a 2ª xornada de liga.

O Soneira, Mazaricos, Dumbría e Xallas, comezaron a andaina nesta tempada 2o22/23 con vitoria, vimianceses, dumbrieses e xallaeiros a domicilio, e mazariquenses no seu feudo. Pola sua banda o Baio acadaba un importante empate na casa do Negreira, e a Esteirana que debutaba na competición caía pola mínima, no derbi costeiro, ante o Xallas, nun choque brusco e con moita polémica.

PREME AQUÍ para ver as crónicas da 1ª xornada.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia