PREVIA : OS ADESTRADORES DA COSTA DAN COMO FAVORITO O SOFÁN ANTE O BAIO NA FINAL DA COPA DA COSTA.

 

Este vindeiro Domingo 25 de Xuño do 2023 terá lugar a final da 58ª edición da Copa da Costa que se xogará no “A Fontenla” de Santa Comba a partires das 18:00 horas.

Os rivais

CD Baio, decano do fútbol da costa e que gañou a única Copa da sua historia no 1983 nunha final na que derrotou ao SD Coristanco, logo participou en outras 3 finais, nas que caeu ante o SD Laxe, (1984), Atlético Mineiro, (2004) e CF Dumbría, (2005). Polo tanto xoga a final despois de 18 anos sen chegar a unha.

SD Sofán, chega a sua segunda final, a primeira foi no 2018 e en fronte tivo ao Xallas FC. Nun encontro moi igualado empataban a uns e íase a prórroga, na que non se movía o marcador. Nos penaltis a vitoria era para os xalleiros por 5-4. Paradoxas do fútbol queren que o seu rival sexa de  Baio onde perdeu a final, e que se xogue en Santa Comba, de onde eran os que os derrotaron na final.

A vaticinio dos adestradores da Costa

Preguntamos a 44 adestradores e colaboradores dos equipos ca nosa web nas crónicas semanais dos equipos da 1ª Galicia, Liga da Costa e 3ª da Costa, cal era para eles o resultado que pensaban que se ía a dar na finalísima do Domingo, e as cousas son moi favorables para o SD Sofán ao que consideran que gañará no tempo de xogo, (90 minutos + desconto), 36 dos 40 que contestaron a nosa pregunta danlle a vitoria aos sofanistas, por 2 que creen que será o Baio o vencedor no tempo de xogo.

Só dous creen que se chegará a prórroga tras empatar a uns no tempo regulamentario. Un deles opina que o encontro acabará 0-0 e vencerá o Baio por 1-0 na prórroga, e o outro cree que empatarán 1-1 no partido e gañará o Sofán 1-2 na prórroga. Ningún cree que se chegará ao lanzamento de penaltis. O resultado que máis vaticinan os nosos colaboradores é o de 1-3 a favor dos sofanistas.

Nos comentarios que nos mandaron moitos deles, todos creen que será un encontro moi disputado e que o Baio vai poñerlle as cousas moi difíciles ao Sofán. Outros apuntan a en que minuto chegue o primeiro gol e para quen, e cáseque a grande maioría deles apunta a que nunha final pode pasar de todo, pero que hai unha diferenza moi grande. Por un lado un equipo que acabou moi ben a liga e salvándose sen apuros, na Preferente, e o outro descendeu da 1ª Galicia sen opcións.

Tamén son moitos, e hai que dicilo, que non ven ben que poidan entrar na copa equipos da 3ª División ou da Preferente, pois a diferenza de categoría sobre o papel é determinate. Un exemplo, este ano non entro ningún equipo da Liga da Costa nen da 3º da Costa nas semifinais, e a copa máis recente antre Fisterra e Esteirana marcouna a diferenza de categoría.

Todo esto son conxeturas, pois estamos dacordo en que é unha final e nunha fional a un só encontro hai moitos factores que poden trocar un encontro…un penalti, un expulsado, un mal día de algún xogador clave, etc…

 

RESULTADOS

CD Baio-SD Sofán

0-1 : 3 votos

0-2 : 7 votos

0-3 : 5 votos

0-4 : 1 voto

1-2 : 5 votos

1-3 : 9 votos

2-3 : 3 votos

1-4 : 3 votos

2-1 : 1 voto

3-2 : 1 voto

Prorroga

 1-0 : 1 voto

1-2 : 1 voto

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com