A muxiana Sabela Soneira debutou a pasada semana con tan só 13 anos.
Hoxe, sábado 12 de Outubro o Fisober FSF recibe no Pavillón Municipal do Conco, (Dumbría), ao Cidade das Burgas FS a partires das 17:00 horas. As costeiras parten na xornada na 10ª posición con 4 puntos de unha vitoria e un empate, e chegan con gañas de recuperar a senda das vitorias tras duas derrotas seguidas, ante Atlético Arnoia, (0-4), e Composala, (3-1).
Pola sua banda o Cidade das Burgas parte na 13ª posición con tan só 1 punto. Na pasada xornada non xogou xa que o encontro que debía xogar co Atlático Arnoia foi suspendido.
-Foto : Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”