PREVIA : O DOMINGO O BERGANTIÑOS FC FEMININO XÓGASE O ASCENSO A 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

 

Desde a súa creación no ano 2016, o equipo feminino do Beragntiños FC, foi dando grandes pasos para facerse un nome no fútbol feminino. Nesta campaña, e despois de culminar unha primeira fase excelente na que se proclamaron campioas de grupo e resultaron invictas, disputará este domingo no Campo “As Corticeiras” de Caldas de Reis, a partires das 17:00 horas, a final para o ascenso a 1ª División Galega ante o CD Bueu, que ven de deixar fora ao UC Cee tras golear no “San Paio de Refoxos”, (0-4).

O noso novísimo cadro bergantiñista, dirixido por Gueli Cotelo e René Díaz, escriben así unha nova páxina na historia do Bergantiños FC, despois ademais de que as súas aspiracións ao ascenso vísense truncadas a pasada tempada pola situación sanitaria, e na campaña de 18/19 quedasen ás portas de conseguilo.

Toda o noso apoio e as nosas forzas dende aquí, para que leven o fútbol feminino da Costa da Morte ao máis alto.

 

CD Bueu-Bergantiños FC

-Data : Domingo 27 de Xuño

-Campo :  “As Corticeiras” , (Caldas de Reis)

-Hora : 17:00 

Árbitro : Óscar Enriquez Pereiro

-Asistentes : Marcos Dieguez e Sebastián Castro

 

Na outra eliminatoria loitan na final por un posto na vindeira 1ª Galega, o Lóstrego CF e o Umia CF “B”, no mesmo campo, e tralo final do choque antre carballesas e bueuanas, (19:30 horas).

-Foto : Bergantiños CF

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños FC