Hoxe o Betgantiños CF terá por diante un día que moi poucos van e imos a esquecer. Enfróntase. como supoño que os seguidores de piratasdemuxia.es saberedes, ao Sevilla FC que trae a “artilleria pesada” e só un canteirán na convocatoria.
O día no climatolóxico vai a ser do peoriño, ainda que tratandose de ventos do cadrante Sur, en Riazor non fan mella con respecto o vento, si que haberá chuvia a esgallo, pero eso pode ser unha pequena axuda para os bergantiñistas, máis acostumados a xogar con tempos así.
Despacharanse entradas nas taquillas de Riazor ata a hora do encontro, e nas derradeiras duas semanas o equipo carballés dispuxo de 4.000 para a venda nos campos das “Eiroas”, (Bértoa-Carballo), e “O Carral”, (Sofán-Carballo), así coma en locais de hostalaría carballeses, antre eles o noso colaborador, “La Bombonera”. Tamén dispuxo o clube carballés de 2.000 entradas máis. Non sabemos cal foi o número de entradas vendidas, (dinnos que o Domingo ían máis de 3.000), pero o que sí está seguro é que as gradas de Tribuna Superior e Inferior do “Estadio de Riazor”, presentarán un excelente ambente para animar ao clube bergantiñán. Un total de 17 autobuses foron fletados para transportar a afeccionados, (que previamente se apuntaron), ata o estadio deportivista. Por parte do Sevilla FC a venda de entradas para asistir o encontro foi de 350.
A ilusión nos xogadores é máxima, e o exemplo a seguir está na xornada de onte na que pasaron 6 equipos da Terceira División e 1 de 2ª B. Quedaron fora equipos coma o Alavésde Primeira División, ante o Jaén, (de Terceira), así coma o Cacereño, Portugalete, Zamora, Ceuta e Escobedo, que deixaron na cuneta a equipos de Segunda: Alcorcón, Extremadura, Numancia, Sporting e Málaga. O de 2ª B, foi o Murcia, que deixou fora o Santander.
Convocatoria : Porteiros : Christopher, e Canedo; Defensas : Aarón, Marcos Rodríguez, Bilal, Antonio, Iago; Centrocampista : Agulló, Granada, Toni, Diego; Dianteiros : Rivera, Cano, Álex Diéguez, Duque, Remeseiro, Yelco, e Wíllian, (xuvenil de primeiro ano).
Non temos que esquecer que o Bergantiños CF está nesta eliminatoria da Copa do Rei gracias ao excelente traballo do adestrador vimiancés Miguel Filgueira e o cadro que adestrou o ano pasado.
O ENCONTRO
Bergantiños CF-Sevilla FC
-Día : 18/12/2019
-Hora : 18:00, (17:00 GMT)
-Campo : “Estadio de Riazor”
-Dende piratasdemuxia.es o noso desexo do maior éxito para o Bergantiños CF, e que pasen a eliminatoria-
-Igualmente o noso desexo dunha boa estancia aos amigos sevillistas, que nos seguen cada día, porque tanto nós os deportivistas somos un chisquiño sevillistas i eles un chisquiño deportivistas, pero neste caso o nosos corazón está co equipo costeiro-
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.