O “Peña d´ouro” primeira parada da final polo ascenso.
Xa poderá ter maior ou menor interese xogar nunha 1ª Galicia G2 A Costa Santiago, pero tanto CF Mazaricos coma CF Muxía, buscarán o ascenso como premio a tempada e por méritos dos propios clubes. Para os afeccionados?…no cómputo xeral é mellor a Liga da Costa, económica e futbolísticamente, e máis ca que nos espera na vindeira tempada ca chegada de equipos coma o Baio, Xallas, Corcubión, Soneira e Lira. Cousa que melloraría de haber unha 1ª Galicia da Costa.
Fora destas divagacións persoais e contrastadas, mañán os mazariquenses e muxiáns da man de Marcos Rodríguez e Nacho Waldomar /Fran “Pioto”, respectivamente, disputarán a ida da final polo ascenso no “Peña d´ouro” do Pino do Val, (Mazaricos), a partires das 18:00 horas, coa arbitraxe de Diego Grille Landeira, auspiciado nas bandas por Manuel Castro e Pablo Rama.
-Foto : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”