PREVIA : MAÑÁN “XOVES SANTO” XÓGASE TODA A 19ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL QUE FORA SUSPENDIDA POLO TEMPORAL “HERMINIA” O 26 DE XANEIRO.

 

No derbi da 1ª volta venceron os muxiáns 4-3.

Mañán día de Xoves Santo xogarase na Primeira Futgal G2, na que temos 6 equipos costeiros, a xornada 19ª, unha xornada que fora suspendida o 26 de Xaneiro por mor do temporal “Herminia”. O prato forte desta xornada será o Fisterra-Muxía, un derbi dos de sempre na costa e que volveu esta tempada a esta categoría despois de non disputarse desde facía máis de duas décadas.

Pola sua banda a Esteirana, Castriz e San Lorenzo xogarán como visitantes, namentras que o Dumbría buscará unha vitoria ante o Bertamiráns e esperanco que o lider Club do Mar caia ante o Vizoño para poder asaltar o liderato, que o ten a tiro e que terá que seguir presionando pois esta liga non para polo apretado do calendario e este Domingo de Resurrección volverá a haber fútbol ca disputa da 31ª xornada da que tes máis abaixo os horarios e enfrontamentos.

PRIMEIRA FUTGAL G2 

-19ª Xornada-

-17/04/2025-

Boimorto CF-Bastavales UD, ás 12:00 horas

SD Fisterra-CF Muxía, ás 17:00 horas

Vea CF-SD San Lorenzo, ás 12:00 horas

Vizoño SD-Club do Mar, ás 17:00 horas

SD Tordoia-SCDR Esteirana, ás 12:00 horas

SD Agolada-SR Calo, ás 12:00 horas

UD Carral-Vista Alegre SD, ás 12:00 horas

Praiña Sporting Club-SD Castriz, ás 17:00 horas

CF Dumbría-Bertamiráns FC, ás 12:00 horas

-CLASIFICACIÓN-

1º Club do Mar : 69 puntos

CF Dumbría : 67 puntos

 UD Carral : 66 puntos

 Boimorto CF : 56 puntos

 SD Fisterra : 44 puntos

6º SR Calo : 44 puntos

Praiña SPC : 43 puntos

 SD Castriz : 41 puntos

 SD Tordoia : 39 puntos

10º CF Muxía : 37 puntos

11º SCDR Esteirana : 36 puntos

12º Vizoño SD : 32 puntos

13º Vea CF : 31 puntos

 14º Bertamiráns FC : 30 puntos 

15º SD Agolada : 29 puntos

16º Bastavales UD : 29 puntos

17º SD San Lorenzo : 20 puntos

18º Vista Alegre SD : 12 puntos

 

PREVIA

-31ª Xornada-

-20/04/2025-

Boimorto FC – Vista Alegre SD, ás 17:00 horas

SR Calo – SD Castriz, ás — horas

 SCDR EsteiranaBertamiráns FC, ás 17:30 horas

Club do Mar – CF Dumbría, ás — horas

SD San LorenzoPraiña Sporting Club, ás 16:30 horas

CF Muxía – UD Carral, ás 17:00 horas

Bastavales UD – SD Agolada, ás 18:00 horas

SD Fisterra – SD Tordoia, ás 17:00 horas

Vea CF – Vizoño SD, ás 12:00 horas

 

AVISOS :

Os horarios da 31ª xornada son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. 

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies