PREVIA : MAÑÁN SABEREMOS QUEN SON OS FINALISTAS DA “LXI COPA DA COSTA”.

Mañán 6 de abril, “Domingo de Resurrección” 2026, saberemos quen serán os equipos que disputarán a “LXI Copa da Costa”, CF Muxía-SD SoFÁN, o primeiro da Primeira Futgal e o segundo da Preferente Norte, e o SCD Malpica-CF Porteño, ambos da Liga da Costa, dirimirán quenes pasan a finalísima do 24 de Maio no Campo Irmandiño, (Vimianzo)., elección que pase quen pase será un escenario céntrico para as afeccións.

CF Muxía-SD Sofán

Vense de novo as caras os da Vila da Barca e os sofanistas, xa que o pasado ano tamén xogaron nas semis na Arliña pasando a rolda os muxiáns. En liga non se enfrontaron dado que non coinciden o estar en diferentes categoría. O Muxía deixaba na cuneta en Dazaseisavos ao SD San Lorenzo tras empatar a ceros e conseguir o pase nos penaltis 6-7, pola sua banda o Sofán deixaba foro ao campión da pasada edición, CF Dumbría, (1-2). En Oitavos o equipo muxián derrotaba por 4-0 ao Camariñas FC da Liga da Costa, e o Sofán ao SD Oza da 3ª da Costa. Xa en Cuartos os muxián tiñan que acadar o pase as semifinais outra ves nos penaltis, tras empatar co SD Castriz, (1-1), e logo pasar con 2-3 nos tiros desde os once metros. 

Día : 06/04

Hora : 17:00 

Campo : Municipal da Arliña

Árbitro principal : Marcos Ordóñes Rodríguez

Árbitros asistentes : David Castreje e Xoel Forján

SCD Malpica-CF Porteño

Ambos equipos militan na Liga da Costa…Para chegar ata estas semifinais o Malpica é o equipo que tivo máis traballo dos 4 implicados pois comezaron a copa na Previa na que deixaron fora ao veciño SCD Buño vencendo por 0-2. Nos Dazaseisavos os malpicán derrotaban por 1-4 ao CF Lira, namentras que o Porteño empataba co UC Cee, (2-2), para levarse o pase nos penaltis, (3-5). Xa en Oitavos os malpicáns eliminaban ao SD Fisterra da Primeira Futgal, (4-1), e os porteños deixaban fora ao Volantes da 3ª da Costa, (0-4). Nos Cuartos o Malpica recibía ao Corme CF, (1-1), e acadaba o pase as semifinais tras gañar 5-4 nunha reñida tanda de penaltis. Pola sua banda o Porteño eliminaba o Sporting zas cun axustado 3-2. En liga o Porteño ocupa a segunda posición a un punto do Xallas FC que lle arrebatou a pasada semana os da Ponte do Porto que acababan de subirse a ela. Pola sua banda o recén ascendido Malpica ocupa unha meritoria 6ª praza con 35 puntos. En liga no choque da primeira volta correspondente a 2ª xornada os malpicáns derrotaban aos porteños por 3-1 e voltaban a verse as caras o pasado 1 de Febreiro e a vitoria desta vez era para os da Ponte do Porto por un axustado 1-0 cun tanto de Mario Núñez, (51´), e co Malpica xogando cun menos desde o 76 por expulsión de Damián. 

Día : 06/04

Hora : 17:00 

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

Árbitro principal : Manuel Castro Mouzo

Árbitros asistentes : Carlos Señarís e Tomás Garrido

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”