PREVIA : “MAÑÁN SÁBADO PRIMEIRO COMBATE DA FINAL POLO ASCENSO A LIGA DA COSTA ANTRE O LAXE E O CAMELLE”

 

Mañán sábado 4 de Abril de 2023 terá lugar o primeiro combate da loita polo ascenso a Liga da Costa no “Cabo d´area”, ou “Rogelio Martínez”, como se chama agora. Un choque antre dous equipos dos que en principio non contaba cáseque ninguén que estivesen nesta loita, pero que están por méritos propios tras facer unha boa liga. O Camelle sempre flirteando cos postos nobres e o Laxe nunha segunda volta extraordinaria. Este encontro e o de Camelle van a ser un gran evento para os afeccionados, xa que son dous equipos cunha afección que xa quixeran moitos equipos de ligas moi superiores. Hai que ter especial atención no equipo laxense a homes como Santi Casás, Iago Torres e Miguel Torres, e nos camelláns a Adrián Pasantes, que tras unha longa lesión chegou co punto de mira afinado no treito final de liga, e a Rodri e o sempieterno Carlos de Dido.

O noso desexo de que todo vaia do milloriño e que gañe o mellor.

 

SD Laxe-SD Camelle

Día : Sábado 22 de Abril 2023

Campo : Cabo d´area, “Rogelio Martínez”

Hora : 18:00

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

Resultados antre eles en liga : 2-o en Camelle e 2-0 en Laxe

Datos na liga SD Laxe : 41 puntos de 15 gañados, 6 empatados e 5 perdidos

Datos na liga SD Camelle :  46 puntos de 13 gañados, 7 empatados e 6 perdidos

Datos como local SD Camelle : 7 gañados, 4 empatados e 3 perdidos

Goles a favor e encontra SD Laxe : 50/45

Goles a favor e encontra SD Camelle : 58/40

Datos como local SD Laxe : 5 gañados, 4 empatados e 4 perdidos

Datos como visitante SD Camelle : 6 gañados, 3 empatados e 4 perdidos

Máximo goleador SD Laxe en liga : Iago Torres con 14 en 25 encontros

Máximo goleador en liga SD Camelle : Adrián Pasantes con 13, (1 p), en 18 encontros

Resultados en semifinais do SD Laxe : 3-1 en Laxe e 0-1 en Buño

Resultados en semifinais do SD Camelle : 1-1 en Zas e 3-0 en Camelle

 

Así ven os adestradores o encontro e o rival

Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “É o momento dos xogadores, por exemplo Santi Casás, xogador de Laxe que leva o Laxe no corazón e quero que sexa él o que faga o comentario sobre o encontro, xa que este é o meonto deles, os que teñen que ser os protagonistas“.

Santi Casás, (Xogador do SD Laxe) : “Eliminatoria final que calquer equipo desexaria disputar e conseguir ese ascenso a Liga da Costa.Son moitos anos os que nos cadrou de compartir xunto o Camelle SD nesta competicion e un dos dous terá a sua merecida recompensa para lograr o obxectivo. De cara a eliminatoria ,serán dous partidos moi igualados donde calquera fallo pode ser pagado moi caro e cada acerto un pasiño mais cerca.O primeiro partido no campo Rogelio Martinez será un plus para nos donde xogaremos na casa xunto o apoyo da nosa aficion intentando cumplir os deberes para o derradeiro partido no Rodeiro ,un campo que siempre resulta dificil. Respecto a ambos equipos, nós vimos con unha moral moi alta dispostos a todo ,facendo un equipo compacto e aprendendo a solucionar partidos que tiñamos por perdido ,de ahi a nosa boa racha sen coñecer a derrota nas últimos 8 partidos. Respecto o noso rival Camelle,outro equipo que non da nada por perdido e que loita todo hasta o final ,que tamen chega nunha moi boa dinamica e que de seguro non van poñer nada facil. Serán dous partidos moi bonitos de ver para o espectador e que ambas aficións o merecen”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Intentaremos facer un partido serio e tentar traer o mellor resultado posible, xa que eles veñen en fase ascendente, como asi o demostraron no derradeiro tramo de liga e nos anteriores partidos de promocion. Nos creo que chegamos ben, só temos unha baixa por lesion. Nada, toca pelexar e sobre todo disfrutar do momento, que é un premio para os xogadores e para a afección”.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”