Comeza a competcición nos cadetes da costa.
Con dous encontros dará comezo mañán sábado 24 de Setembro de 2.022. Unha liga que se extenderá ata o 2 de Abril do 2023, trala disputa de 26 xornadas por parte dos 13 equipos que a compoñen.
Cada xornada un equipo descansará, sendo nesta primeira tirada da liga o retornado, EMF Vimianzo, será o que lle toque esperar a segunda xornada para competir.
Ademáis dos carnotáns, disputarán a liga : SD Fisterra, UD Cerqueda, SD Sofán-Escola Deportiva Os Miúdos, Outes FC, Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”, Ponteceso SD, CF Mazaricos, Escola de Fútbol Concello de Carnota, SD Coristanco, Xallas FC, e UC Cee.
Esta competición disputarase o domingo en franxa horaria de mañá. En caso de non fixar horario atenderase por defecto ao seguinte: DOMINGO : 11:00 horas
En desprazamentos superiores a 100 km, (nun só sentido), non poderán sinalarse horarios antes das 11:00 horas.
Haberá parón polo Nadal, a xornada 13 disputarase o 18 de Nadal de 2022, e non se reanudará a liga ata o 8 de Xaneiro do 2023, pasadas as festas.
1ª Xornada
SD Fisterra-UD Cerqueda
Sábado 24/09 ás 11:00 horas
Sofán-ED Os Miúdos
Sábado 24/09 ás 12:00 horas
Outes FC-EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”
Domingo 25/09 ás 11:00 horas
Ponteceso SD-CF Mazaricos
Domingo 25/09 ás 12:00 horas
EF Concello de Carnota-SD Coristanco
Domingo 25/09 ás 10:00 horas
Xallas FC-UC Cee
Domingo 25/09 ás 11:00 horas
Descansa : EMF Vimianzo.
-Foto e Texto : piratasdemuxia