PREVIA : MAÑÁN MÉRCORES DUMBRÍA E CERQUEDA BUSCARÁN UN POSTO NA FINAL DA COPA DA COSTA XUVENIL”.

UD Cerqueda Xuvenil.

 

Mañán mércores 12 de Xuño do 2024 o Municipal do Conco a partires das 20:00 horas, será testigo do encontro CF Dumbría-UD Cerqueda no que se saberá cal dos dous equipos será o rival do SD Fisterra na final da Copa da Costa Xuvenil, que estaba prevista para o 16 de Xuño se temos en conta o calendario da RFGF, e que agora anuncia para o 23, (si non é así comunicádemo)..

O encontro de semifinais no municipal dumbriés terá como árbitro a Alberto Pombo Parga, que estará auspiciado nas bandas por Roberto Baña e Diego Maneiro. O outro finalista, SD Fisterra, (subcampión de liga), deixaba fora da finalísima o campión de liga, (Xallas FC), o pasado 5 de Xuño por un contundente 4-0, con goles de José Romero, Rubén Caamaño, Martín Canosa e Mauro Castro. Os fisterráns foron o descanso con 3-0.

En liga o CF Dumbría, que se xogou o campionato co Xallas FC no Municipal de Dumbría no derradeiro encontro, finalmente quedou en terceira posición cos mesmos 67 puntos co SD Fisterra. Pola sua banda o UD Cerqueda quedaba na 6ª posición con 41 puntos. En liga os encontros antre dumbrieses e cerquedenses foron de claro dominio dos de Raúl Periscal, que lles gañaban aos de Dani García por 0-2 no Xabiña, (Buño), e por 10-0 no Municipal do Conco.

 

-Foto . Dani García/UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”