PREVIA : MAÑÁN DOMINGO COMEZA A PRIMEIRA FUTGAL G2 PARA O MUXÍA, CASTRIZ, FISTERRA, ESTEIRANA E CAMARIÑAS, E A PREFERENTE PARA SOFÁN E DUMBRÍA.

Mañán Domingo 7 de setembro comeza a rodar o balón na Primeira Futgal 2025/26, na que están enmarcados no Grupo 2 os equipos da costa : CF Muxía, SD Castriz, SCDR Esteirana, SD Fisterra e Camariñas FC, (que ascendeu na pasada campaña). Tamén comeza a liga dun escalón superior, a Preferente Norte, na que temos ao Sofán, (que loitou no pasado curso polo ascenso a 3ª RFEF), e ó Dumbría, (que ascendeu a pasada tempada).

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

Esta será a 1ª xornada de 34 xornadas que terá a liga regular que se extenderá ata o 17 de Maio do 2026. Nesta tempada na que seguirá habendo 6 grupos da Primeira Futgal tamén se repite a fórmula de 18 equipos por grupo.

Ascenderá direto o primeiro e promocionan o segundo e o terceiro clasificado. No que se refire aos descensos, haberá 3 diretos e a posibilidade de tantos “arrastres” como equipos descendan da Preferente Norte, que a sua vez se verán perxudicados dos decensos da 3º RFEF.

Tódolos encontros se xogan este Domigo e non teremos ningún derbi na 1º xornada na que Esteirana, Fisterra e Camariñas xogarán como locais e pola contra xogarán como visitantes o Castriz e Muxía.

O primeiro derbi será na 2ª xornada e será o Muxía-Fisterra, que ao coincidir ca Romaría da Barca de seguro que se xogará ou antes do 14 de setembro ou se trocará o sentido do enfrontamento. O ano pasado pasou o mesmo e xogouse en venres.

 

1º XORNADA

07/09/2025

Club do mar-Castriz, ás 19:00 horas

Vizoño-Arzúa, ás 17:00 horas

Praiña-Cire de Melide, ás 18:00 horas

Queixas-Bastavales, ás 17:30 horas

Esteirana-Cacheiras, ás 18:00 horas

Camariñas-Bertamiráns, ás 17:00 horas

Boimorto-Racing San Lorenzo, ás 19:30 horas

Fisterra-Calo, ás 19:30 horas

Tordoia-Muxía, ás 17:30 horas

Calendario completo : PREME AQUÍ.

 

 

PREFERENTE NORTE

Os dous equipos da costa que xogarán na Preferente Norte, (G1), son o SD Sofán, que repite e o CF Dumbría, recén ascendido. Os sofanistas comezan xogando fora visitando ao Betanzos CF e os dumbrieses comezarán na casa recibindo ao Dubra. 

A liga que consta de 18 equipos rematará na sua fase regular o 17 de Maio do 2025 trala disputa de 34 xornadas. O primeiro derbi antre dumbrieses e sofanistas será na 14ª xornada na fin de semana do 7 de Nadal e será no O Conco, 8Dumbría). Tamén pode considerarse derbi, ainda quie non da costa o que disputarán Paiosaco e Dumbría na 4ª xornada ou o Sofán-Paiosaco da 11ª.

1ª Xornada

07/09/2025

Betanzos CF-SD Sofán, ás18:00 horas

CF Dumbría– SD Dubra, ás 19:30 horas

Calendario completo : PREME AQUÍ.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Castriz : Marina Busto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies