PREVIA : MAÑÁN DOMINGO 9 DE XUÑO SERÁ A IDA DAS FINAIS POLO ASCENSO A 2ª GALEGA FEMININA CO PONTECESO EN LIZA.

O Ponteceso Feminino terá diante a un duro rival.

 

Mañán Domingo 9 de Xuño terá lugar o primeiro encontro das finais polo ascenso a 2ª Galega Feminina G1. Por parte das nosas segue vivo na competición o Ponteceso SD Feminino, que recibe no “O Pinguel” de Ponteceso ao UDJ Almeiras a partires das 18:00 horas e ca arbitraxe deAlberto Pombo Parga, que estará asistido nas bandas por Andrea Barbeira e Tomás Garrido.

Na outra final o CD Lugo B recibe , tamén mañán, o Lóstrego CF C no “Municipal Rodrígeuz Lago 1”, a partires das 12:00 horas, ca arbitraxe de Dariel Pardo Veitía, asistido nas bandas por Iván Vilela e Wasiu Olawepo.

 

-Foto : Marcos “Curro”

Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies