PREVIA : HUESCA Vs DEPOR : “A DAR A CARA”

 

Hoxe o Depor vai ter en fronte a imaxe que tiñan os equipos o ano pasado cando se enfrontaban a él. Equipo recén descendido, presuposto forte co seguro de descenso, plantilla reforzada con xogadores de bo nivel, campo entregado e favorito ao ascenso. Un espello no que verse para non caer nos erros do ano pasado sabedores de que cada punto é importante e máis ante equipos cos que o foinal poderías estar a xogarte o ascenso, polo que o golaveraxe é altamente importante nesta categoría.

No Alcoráz o Depor vaise a topar con varias pezas que xa xogaron de branquiazul, que saben como xogan varios dos seus ex compañeiros e como atallalos, polo que será importante non ser previsibles. Unha proba de lume para o primeiro encontrro fora, pero hai que amosar que se chega aprendido e dar a cara no campo.

Non estará acompañado o equipo no campo oscense por mor das obras no mesmo, disculpa que deu o clube para non ceder entradas os deportivistas.

Tan só se enfrontaron Huesca e Depor en duas ocasións. Foi nesta mesma categoría na tempada 2011/12 e en ambos encontros gañaron os deportivistas, por 0-2 en terras oscenses e por 1-0 nas coruñesas.

 

Como velo?

O encontro poderá ser seguido en direto por Gol TV, e tamén a través del canal Movistar LaLiga 4,  MiTele En Vivo e Movistar +. Comeza ás 19:00 horas, (17:00 GMT) e tamén será televisado para Japón por 3 canles niponas.

 

Árbitro

Isídro Díaz de Mera Escuderos

Idade : 29 anos

Coléxio : Castilla-La Mancha

2ª División : dende o 2016

Lista de convocados

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies