-Cuartos da Copa da Costa Feminina-
As Miúdas viaxan a Santa Comba.
Na tarde de hoxe xogarase o derradeiro encontro de Cuartos de final da Copa da Costa Feminina, Xallas e Miúdas buscarán o pase a semifinais nas que espera rival o Bergantiños. Unhas semifinais que xa serán a dobre enfrontamento. Por clasificación na liga parten como favoritas as xalleiras que quedaron subcampionas de liga con 64 puntos plos 44 das Miúdas que ocuparon a 6ª posición e que xunto cas xalleiras e o UC Cee formarán parte a vindeira tempada da 2ª División Galega Feminina, sendo os únicos 3 equipos que conseguiron permanecer nesta categoría, nunhas fases de permanenza inxustas e que deu co descenso do Dumbría que o gañou na liga regular, pero o sistema que puxeron foi rocambolesco. En liga as de Santa Comba gañáronlle os dous encontros as de Muros, 2-1 na Fontenla e 1-4 no Eleuterio Balayo.
Xallas FC-ED As Miúdas
Día : Xoves 8 de Xuño 2023
Hora : 20:30
Campo : A Fontenla, (Santa Comba)
Árbitro : Pablo Rama Cotelo
Árbitros asistentes : Manuel Rodríguez e Borja Rey
-Crónicas dos encontros xogados o martes-
AD Nicrariense 1-2 CF Dumbría
Campo : O Cepelo, (Negreira)
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Con baixas e ainda na cabeza o traspés do domingo visitaron ata Negreira as dumbriesas para arrancar nesta Copa da Costa. Empezaron as locales máis enchufadas con balóns en largo e no 1º xa conseguiron adiantarse no marcador cando apenas o Dumbría se colocara no campo, moi apáticas no xogo non se atoparon cómodas case que en ningún momento as costeiras, tímidos lanzamentos que Luz solventaba sempre con oficio sendo a mellor das locales en todo o encontro xa que ela ademáis lanzaba os ataques co seu poderoso saque, eso si, as dumbriesas non concederon máis ocasións en defensa. O empate consigueuno Fandi nun potente disparo dende a frontal por baixo que Luz chega a tocar pero non evita o 1-1.
Na segunda parte sucedéronse as ocasións para o Dumbría atopando sempre o muro da porteira, María das Carisas, das mellores no Dumbría no treito final de temporada tivo as máis claras. A entrada da infantíl Sara aportou moita frescura en ataque, e cando parecía que a prórroga era un feito chegou un córner rematado por Yoli de maneira impecable dando o pase a semifinales ó Dumbría, sin tempo de reación dun Nicrariense que mostrou moito traballo e mellora dende os duelos deste curso”.
SD Nicrariense : María, Zaira, Candela, Aldara, Paula, Noa, Daniela, Xiana, Aitana, Alicia e Mencía. Tamén xogaron : Aya e D´Elenia.
CF Dumbría : Naira, Sabela, Carril, Noa, Martina, Fandi, Claudia, Yoli, Kelly, María das Carisas e Juliette. Tamén xogaron : Sara, Icía e Lucía.
Goles : 1-0, Daniela, (6´); 1-1, Paula Fandiño, (43´); 1-2, Yoli, (desconto).
Árbitro : Pablo Botana Rey, con Brais Canay e Sergio García nas bandas. sen amonestacións.
Semifinais : O CF Dumbría recibe ao UC Cee en semifinais, en principio o Domingo 11 ás 18:30 horas no Conco.
UD Corcubión 0-9 Bergantiños FC
Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Tivemos 10 minutos ao principio que sufrimos o cambio de dimensións de F7 a 11 no que non estivemos ben e márcannos 4 goles. A partir de aí xa nos atopamos mellor, máis ordenadas defensivamente, buscando as contras con Noa, Sara e María, e sen perder a competitividade. A mellor oportunidade nosa foi un libre indirecto por cesión e algún tiro lonxano, xa na segunda metade. Moi contento pola actitude e esforzo das xogadoras as que felicito, e ca experiencia da copa, da que temos tanta sorte de xogar. Gracias a afición por toda a temporada e ao Bergan pola deportividade”.
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido cómodo contra un Corcubión que o deixou todo no campo e nunca se dou por vencido. Aproveitamos para dar minutos a varias cadetes que deron moi o nivel, incluso con asistencias e goles”.
UD Corcubión : Elena, Alexandra, Marta, Carla, Cristina, María, Sara, Claudia, Marta, Ana e Noa. Tamén xogaron : Elisa e Andrea.
Bergantiños FC : Aldara, Sarai, Paula, Carla, Isa, Sara Pita, Trillo, Laura Rivas, Laura Caamaño, Antía e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Sara, Clara e Noelia.
Goles : Trillo, (2), Isa, (2), e Sarai, 81ª metade); Isa, Antía, Clara e Paula.
Árbitro : Alberto Pombo Parga, con Roberto Baña e Xoel Forján nas bandas. Sen amonestacións.
Semifinais : O Bergantiños espera rival do encontro de mañán xoves antre o Xallas e o Miúdas e xogará como visitante ante o vencedor desta elliminatoria.
-Foto e Texto : ED As Miúdas
-Foto Dumbría : FaceBook Veteranos Dumbría