No día de hoxe xóganse os encontros de volta da previa da “Copa da Costa Xuvenil”, unha previa na que están exentos o SD Sofán e o Cabana SD, que xogan tamén o sábado a volta da Final polo título de campión absoluto da costa, e un posto na promoción.
Tralos resultados da ida da previa da Copa, tan só o Corme CF, que derrotaba na ida ao Ponteceso SD por 5-1, e o UC Cee, que derrotaba ao CD Baio por 2-4, teñen ben encarrilado o pase a seguinte rolda, a das eliminatorias a partído único. No resto os resultados están igualados, ou con tan só un gol de vantaxe para o vencedor na ida.
“COPA DA COSTA XUVENIL”
Esteirana-Porteño, ás 17:00 horas. Na ida 2-3 para os esteiráns.
Outes-Sp Zas, ás 11:00 horas. Na ida 2-3 para os da Serra.
Ponteceso-Corme, ás 18:00 horas. Na ida 5-1 para os cormeláns.
Muxía-Xallas, ás 16:30 horas. Na ida 2-2.
Soneira-Cerqueda, ás 12:00 horas. Na ida 3-2 para os cerquedenses.
UC Cee-Baio, ás 10:00 horas. Na ida 2-4 para os ceenses.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es