PREVIA : HOXE PECHE DA PRETEMPADA DO DEPOR CO ENCONTRO ANTE O PONTEVEDRA CF EN ÓRDES.

 

O novo Depor de Borja Jiménez, ao que ainda lle faltan algunhas pezas, pechará no día de hoxe a pretempada no campo de Vista Alegre de Órdes co choque ante o Pontevedra CF ás 19:00 horas, que será retransmitido en directo pola canle de YouTube do Real Club Deportivo.
Borja Jiménez dispuxo onte de 15 xogadores para o choque ante o Arenteiro de 2ª RFEF, que será rival dos pontevedreses nesta campaña. Antre os 15 houbo xogadores que debutaron nesta pretempada como foi o caso do derradeiro en chegar, Carlos Doncel, e o “gafado”, Alberto Benito, que chegou o conxunto branquiazul e non puido adestrar oir temas de COVID-19, que o mantiveron confinado no seu domicilio, e que cando voltou sufreu no primeiro adestramento unha lesión.
Tamén debutou Pablo Brea, que comezou fai pouco a adestrar tras estar recuperándose dunha lesión. Outro que debutaba era o seu cmpañeiro o ano pasado no Fabril, Iván Guerrero. Tamén tivo minutos o central fabrilista Juan Rodríguez, no choque que acabou 1-1.
Xogaron os 90 minutos : Alberto Benito, Pablo Trigueros, Josep Calavera, Rafa de Vicente, Yeremay, Carlos Doncel e Noel. Polo cabe esperar que estes non sexa da partida no día de hoxe.
AQUÍ POÑEREMOS A CONVOCATORIA TAN PRONTO NOS CHEGUE.

Así foi a pretempada do Depor ata agora :

RC Villalbés 1-2 Depor
Viveiro CF 0-4 Deportivo 
Bergantiños FC 2-1 Deportivo
Deportivo 1-2 SD Ponferradina
Deportivo 0-0 Real Madrid Castilla 
CD Arenteiro 1-1 Deportivo
Deportivo – Pontevedra CF, (hoxe sábado 21 de agosto).

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia