Hoxe no “A Fontenla” de Santa Comba co Xallas FC-UC Cee coa arbitraxe de Roberto Baña, comeza a “Copa da Costa Feminina”, na sua quinta edición desde que a orgañiza a RFGF. Comezan así os Oitavos de Final que serán a encontro único. As xalleiras que veñen de acadar fai un par de semanas o ascenso direto a 1º División Galega Feminina enfróntanse as ceenses que militan ao igual cas xalleiras na 2ª Galega Feminina G2.
Para mañán Xoves Santo, temos outro choque, o SD Fisterra-UD Corcubión a partires das 19:30 horas no “Arasolis” coa arbitraxe de Diego Maneiro. Ambos equipos da 3ª Galega G2.
O resto de enfrontamentos que tedes cos seus horarios no cadro, xogaranse en sesión de Domingo de Resurrección. De haber algún troco xa o poñeríamos na AXENDA PIRATA.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”