PREVIA GRAN FINAL DA COPA DA COSTA : ASÍ VEN A FINALÍSIMA RAFA SUÁREZ E GUELI COTELO.

 

Mañán Domingo 25 de Xuño do 2023 xógase a Gran Final da “Copa da Costa Feminina”, a terceira edición que orgañiza a RFGF, pero anteriormente houbo máis, orgañizadas por clubes. As duas anteriores gañounas o Beragntiños FC, e nesta terceira a primeira previa que fixemos cos adestradores dos equipos costeiros do fútbol feminino, dan como favorito o equipo carballés, pola diferenza de categoría. As de Carballo xogan na 1ª Galega e esta pasada tempada quedaron sen o ascenso nos penaltis ante o CD Lugo. As ceenses fixeron unha gran tempada na 2ª Galega, e a pesares de entrar no podio da liga, loitaron polo ascenso, e conseguiron a permanenza, dado o rocambolesco organigrama da Federación. Aquí temos a opinión dos adestradores neste encontro no que de nada valen as categorías ante a ilusión de unhas e outras, e a un só encontro todo pode pasar.

Sorte a ambos conxuntos e que non haxa lesionadas e que se difrute dunha gran final.

 

Así ven a final os adestradores :

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Chegamos moi ilusionadas ó partido ainda que somos conscientes da dificultade do mesmo dada a categoría e nivel do Bergan pero trataremos de xogar as nosas bazas para competir o mellor posible. Non vai ser doado pero imos intentalo”.

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Levamos 2 copas e estamos moi ilusionadas en conseguir a terceira. Somos conscientes que partimos como favoritas porque xogamos nunha categoría superior pero sabemos do potencial do Cee, que se ve reflexado no gran crecemento do fútbol feminino na costa nesta tempada. Ademais a partido único nun campo neutral, e contra un rival moi motivado calquer cousa pode pasar. Temos que estar moi concentradas e tratar de facer o noso mellor fútbo. Estar moi seguras en defensa, porque o Cee ten varias jugadoras que podrían estar xogando en una categoría superior. Temos as baixas de María, Inés e Zaida por lesión e Marián por traballo”.

 

UC Cee-CD Bergantiños

Día : Domingo 25/06/2023

Hora : 12:00 horas

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Irene Arcay Fernández

Árbitros asistentes : Andrea Baneira e Edith Pereyra

Cuarto árbitro : Camila Araujo

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa/Adestradores

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies