Na primeira volta o Meigas foi o úncio que bateu as costeiras.
Fisober FSF-FC Meigas
Non é unha semana calquera para o primeiro equipo do Fisober esta, xa que chega a Dumbría o único equipo que foi quen de batilo ata o momento esta tempada, partido por todo o alto para a tarde do sábado en Dumbría para quen queira disfrutar do mellor fútbol sala feminino.
O sábado a partires das 16 horas nas ID de O Conco en Dumbría partido na cumbre na Liga Galega Feminina- Preferente Galicia entre o Fisober FSF e o FC Meigas. Os colexiados designados son Carlos Jesús González Pardal e Nicolás Antonio Cutrone.
O Fisober chega coma líder con 45 puntos despois 16 partidos xogados con 15 partidos gañados e tan solo un perdido que precisamente foi na primeira volta na visita a Bertamiráns fronte ao Meigas. Chega con 68 goles a favor e 30 en contra, e con tódolos seus partidos coma locais con triunfo.
Pola súa banda o Meigas chega coma segundo clasificado con 42 puntos pero despois de 15 partidos(polo tanto cun partido menos cas costeiras) con 14 partidos gañados e tan solo unha derrota na xornada once na súa visita a Celanova. Chega con 63 goles a favor e tan solo 10 en contra, un muro defensivo son as do Meigas.
Ademais o Meigas conta ca máxima goleadora da categoría que é Belén con 22 tantos, despois está Ángela con 10 tantos e Teresa con 7.
Barca, Paula, Patri e Ana, “palabra de gol” no Fisober.
No Fisober as máximas anotadoras son Patri con 16 a cuarta da categoría, Paula Fandiño con 14 e Barca con 10.
No partido da primeira volta o resultado foi de catro a cero a prol do Meigas con goles de Belén en dúas ocasións, María e Teresa.
Na pretempada houbo outros dous enfrontamentos nos que no xogado en Dumbría o resultado foi de un a tres a prol do Meigas e no xogado en Bertamiráns o resultado foi de igualada a dous tantos.
Como datos curiosos temos que no Fisober militan dúas xogadoras que vestiron a camisola do Meigas como foron Mai e Nuriña. Pola súa banda no Meigas temos a Carre que vestiu a camisola do Fisober durante varias tempadas.
Tamén son vellos conocidos os técnicos Fran Toba e Diego Montero, xa que baixo a dirección de Diego levaron a selección de Santiago no seu día ao subcampionato galego. Diego é habitual nas retrasmisións do fútbol sala feminino galego na Tvg.
Pero non é o único partido para o Fisober este fin de semana xa que tamén ten un importante encontro o conxunto de Liga Galega Cadete Masculina quen dentro da 16 xornada de liga visita ao CP Casás en Lugo o vindeiro sábado a partires das 20 horas no P. O Palomar.
O Fisober chega coma segundo ao enfrontamento e o Casás coma cuarto separados tan solo por catro puntos. Na primeira volta o resultado foi un axustado cinco a catro a prol dos costeiros.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR