PREVIA FINAL “LVI COPA DA COSTA” A ENTREVISTA AOS ADESTRADORES.

 

GRAN FINAL

“LVI COPA DA COSTA DE FÚTBOL”

Mañán Domingo 23 de Xuño  dende ás 17:30 horas, no Municipal do Conco, xogarase a Gran Final da  “LVI Copa da Costa”, SCDR Esteirana e Cabana Sd dispútanse unha fermosa final na que ninguén é favorito, pois se falásemos de favoritos serían moitos os que estarían ocupando os seus sitios e que quedaron pola popa.

 

ENTREVISTA AOS  ADESTRADORES

 

-Como ves o rival?

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “O Cabana vainos por as cousas difíciles, teñen moita ilusión e moitas gañas. O mesmo ca nós. Os dous equipos o van dar todo”.

Fernando Mato, (Adestrador do Cabana SD : “Temos que ser mais intensos ca eles, e estar ben arroupados e as que teñamos metelas dentro”.

 

-Como ves a a final?

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Pois creo que vamos ter que traballar moito si queremos sacala adiante”.

Fernando Mato, (Adestrador do Cabana SD) : “O Esteirana e un equipazo e moi forte fisicamente e con xente que xogou en Preferente caso de Raúl, etc, e por bandas con xente moi rápida e con bo disparo a porta e arriba con Pladur que si te despistas mátate”.

 

-Cales crees que son as claves para levarse a Copa?

Geno, (SCDR Esteirana) : “As claves van ser non cometer erros e ter acerto de cara a portería. O traballo está garantizado”.

Fernando Mato, (Cabana SD) : “A  clave ante un equipo de liga superior que é o favorito é dalo todo e poñerllo dificil para levarse a copa para Cabana”.

 

Desexámoslle moita sorte a ambos equipos e que gañe o mellor, e sobre todo que prime a deportividade dentro e fora do campo.

 

O CAMIÑO ATA A GRAN FINAL

 

“LVI COPA DA COSTA DE FÚTBOL”

Día : 23/06

Hora : 17:30

Campo : Municipal do Conco, (Dumbría)

Árbitro principal : Adrián Pérez Rellán

Asistentes : Óscar Santos e Iván Vilanova

4º Árbitro : David Vázquez.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies