Este vindeiro sábado 20 de Maio de 2023 xogarase no Campo da Arliña de Muxía a finalísima da Copa da Costa Xuvenil 2022/23. Unha final a que chegan os dous equipos que loitaron polo título de liga da 1ª Xuvenil A Costa, que nos chamamos Liga da Costa Xuvenil. Toda unha “vendetta” para os xallaieros tras perder a liga, e un choque para marcar unha supremacía nesta tempada para os sofanistas. Un só punto de diferenza deulle o campionato o Sofán, que xogará como local no campo muxián, a hora de coller vestiario. O encontro será toda unha incógnita, pois estarán en frente un equipo que foi o máximo goleador, contra outro que foi o que menos encaixou. Un equipo que só perdeu un encontro contra outro que só perdeu dous.
Así foi o periplo de ambos equipos na liga e na copa
SD Sofán
Puntos : 74
Encontros gañados en liga : 24
Encontros empatados : 2
Encontros perdidos : 2
Goles marcados : 151, (máximo anotador)
Goles encaixados : 25
Resulltados antre ambos : 1-0 en Santa Comba e 2-2 en Sofán
Resultados na copa
Oitavos : Outes 1-4 Sofán
Cuartos : Sofán 1-1 Baio, (3-2 nos penaltis)
Semifinais : Ida : Fisterra 1-4 Sofán; Volta : Sofán 3-4 Fisterra
Xallas FC
Puntos : 73
Encontros gañados en liga : 23
Encontros empatados : 4
Encontros perdidos : 1
Goles marcados : 92
Goles encaixados : 12, (menos goleado)
Resulltados antre ambos : 1-0 en Santa Comba e 2-2 en Sofán
Resultados na copa
Oitavos : Ponteceso 1-5 Xallas
Cuartos : Xallas 5-1 Miúdos
Semifinais : ida : Xallas 1-0 Cabana: Volta : Cabana 0-1 Xallas
ASÍ SERÁ A FINAL
Día : 20/05/2023
Campo : A Arliña
Hora : 18:00
Árbitro : Alberto Pombo Parga
Árbitros asistentes : Manuel Rodríguez e Roberto Baña
PREVIAS DA COPA INFANTIL E XUVENIL
Previa da final infantil : PREME AQUÍ
Previa da final cadete : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
