Mañán sábado 20 de xuño do 2026 a partires das 12:00 horas, o campo “Xaviña” de Buño será o escanario da finalísma da Copa da Costa Infantil 2026. Unha finalísima na que se enfrontarán o UC Cee e o Xallas FC na loita polo entorchado de campión.
O camiño ata a final
O UC Cee enfrontábase en oitavos ao CF Dumbrá e o pase era para os ceenses cun incontestable 6-0 sobre o CF Dumbría no San Paio de Refoxos. Pola sua banda o Xallas FC deixaba na cuneta de maneira máis que solvente ao SCDR Esteirana no Xosé Luis Vara o vencer por 2-5.
Xa en cuartos os ceenses desfacíanse, xogando tamén como locais, do Cabana SD vencendo por 3-0. Pola sua banda o Xallas FC sufría para derrotar ao CDC Zas cun axustado 0-1 no San Andrés cun tanto de Brantuas aos 80 minutos de xogo.
Chegaron as semifinais e ambos conxuntos tiñan difíciles rivais, e ademáis xogando ambos a domicilio, pero a firmeza con que encararon toda a competición saeu a relucir e os ceenses derrotaban ao SD Sofán no O Carral por 1-7 e os xalleiros facía o propio co SD Fisterra no Arasolis, (1-4).
En liga estes dous equipos non se enfrontaron antre si xa que os ceenses estaban no Grupo 1B da 1º Futgal Infantil e os xalleiros no Grupo 1. Os de Cee acabaron na posición oitava con 15 puntos e os de Santa Comba no Grupo 1A, novenos con 9 puntos.
Traxectoria inmaculada na Copa de ambas escadras para chegar ata esta gran final que encherá de afeccionados a “Vila da olería”.
Os seus goleadores
UC CEE
-Álex Picallo : 9 goles en 3 encontros
-Felipe Maya : 2 en 3
-Leo Lema, Pablo Mosteyrín, Óliver Marcote, Luca Collura, Fabio Lamela e Asier Reymúndez : Todos cos 1 gol en 3 choques.
XALLAS FC
-Bruno Pose : 4 goles en 3 encontros
-Damián Cerqueiro : 3 en 3
-José Francisco Brantuas : 2 en 3
-Manuel Larzabal : 1 en 1
-Equipo derradeiro enconrto
UC Cee : Gael Prieto; Yoel Caamaño, Fabio Lamela, Martiño Abel, Felipe Mayam, Santiago Pulido, Leo Lema, Pablo Mosteyrín, Álex Picallo, Luca Collura e Thiago García.
Tamén participaron: Pablo Lago, Manuel Castro, Oliver Marcote, Yerik Caamaño e Claudia Ares.
Adestrador : Abraham Álvaro Ríos Fidalgo.
Xallas FC : Nicolás García, Xabier Pensado, Leo Couso, Mateo Casal, Bruno Pose, Damián Cerqueiro, Luca Pérez, Adrián Quintela, Pablo Novo e Daniel García.
Tamén participaron: Yamal, Yahyaqui, Izan Tuña, José Farncisco Brantuas e Joel Arias.
Adestrador : Ánxo Romero Ferreiro.
-A FINAL-
-Día : 20/06/2026
-Hora : 12:00
-Campo : Xaviña, (Buño)
-Árbitro principal : Alejandro Antelo Lago
-Árbitros asistentes : Dylan Sierra e José Enrique Veiga.
“O noso desexo de que se vexa unha gran final, que gañe o mellor e que non se rexistre ningún lesionado”.
.
Tamén podes ver aqui neste enlace a orevia da Final da Copa da Costa Cadete que se xoga este Domingo : PREME AQUÍ
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”


