PREVIA FINAL “COPA DA COSTA FEMININA” : “A VISIÓN DE SANTI CUBELO E ISMA MÁRQUEZ ADESTRADORES DO DUMBRÍA E MUXÍA”.

Este vindeiro Domingo 8 de Xuño a partires das 17:00 horas disputarase no (San Paio de Refoxos”, Xallas, (Cee) a Gran Final da “Copa da Costa feminina”, 5ª edición desde que a orgañiza a RFGF.

Seguimos sostendo que é un erro que se xogue o mesmo día ca final dos homes e que nos parece un desprezo o fútbol feminino. Non nos vale a disculpa de que é unha maneira de atraer máis xente o ir os afeccionados para as duas. O fútbol feminino xa desmostrou que atrae por si só, xa non nunha final senón que nos encontros da liga doméstica que en moitos casos levan máis xente ao campo ca encontros dos homes.

Despois desta protesta e de que respetamos a idea de todos sexa favorable ou en contra, este encontro representa o cumio da tempada para as nosas que dirimirán quen se levará a copa, neste caso ou Dumbría ou Muxía que foron as que alcanzaron esta finalísima da que xa son campióas ainda que como nos “Inmortais” de Russel Mulcahy, “só pode quedar un”.

Primeiro trouxémosvos as impresións das xogadoras de ambos equipos e agora aquí vos traemos a visión dos primeiros adestradores do CF Dumbría, Santi Cubelo coñecido futbolisticamente como “Santi Lira” e o do CF Muxía, Isma Márquez coñecido futbolisticamente como “Isma Pose”.

Para Santi Cubelo que xa xogou a final o ano pasado ante o Xallas, o seu equipo : “Chega con moitas gañas, con moita ilusión, xa o ano pasado puidemos competir na final pero temos esa pequena espiña da que nos quedou a dúbida de si non soubemos competila ben ou non, se polos nervos non estivemos de todo cómodas no partido, polo que un dos propósitos desta tempada na copa era voltar a chegar a final e desta volta tratar de levantar a copa. Conseguimos meternos na final e agora temos en fronte ao Muxía que é un equipo difícil e que nos encontros que lle vin este ano compiteu moi ben en todos”.

 

 Pola sua banda Isma Márquez está contento co crecemento que tivo o equipo dend o Nadal para aquí conseguindo non perder ningún encontro e acadando o ascenso : “Nos o partido da final afrontámolo con moita ilusión e gañas porque para nós é o premio a unha gran temporada do equipo, sobre todo nesta segunda volta donde conseguimos os obxetivos que nos marcamos no Nadal, acabar a segunda volta sin perder partido e en especial en toda a liga na Arliña, ser o unico equipo en ganarlle ao Corme e conseguir o ascenso, tamén sendo moi sólidas defensivamente xa que acarreamos varias rachas de partidos con porterias a cero. Penso que a temporada que foi “top” e chegar a final é un premio que temos aí do cal temos que desfrutar”. 

O adestrador das dumbriesas Santi Cubelo :”O Muxía ten unha xogadora diferencial por liña, Barca é sinónimo de gol, Patri para min é un dos talentos que temos na costa que cha pode liar cando menos te esperas que como te despistes ármache unha xogada de perigo, e atrás Piroja é un muro, é impresionante a forma na que compiten e o resto das compañeiras saben o que teñen o lado e traballan moito e ben para que elas che poidan levantar o partido. Non vai ser doado pero imos con gañas, preparadas, sabendo o que queremos xogar, como queremos atacar e defender, sabemos o traballo que nos costou chegar ata aquí e que si este ano non é, esperemos que si, que non sexa por nervos ou por non facer o xogo que estamos acostumadas a facer”.

Isma Marquez espera que non se note a diferenza de categoría na que xogan ambos equipos, xa que as dumbriesas veñen de facer unha boa tempada na 2ª Galega e as muxianas xogaron nunha categoría inferior, ainda que a vindeira tempada atoparanse na mesma liga o ascender as da Vila da Barca : “O domingo tocanos xogar cun moi bo e complicado rival de categoria superior e que trata moi ben o balón e sempre vai a polos encontros con xogadoras de moita calidade as que coñecemos e que coñecen moi ben as nosas ou por xogar con elas no Fisober ou por xogar moito xuntas en fútbol 11, pero xa era tamén o Cee de categoría superior, pero temos que estar tranquilas como o fixemos na semifinal, xa que non temos nada que perder e moito que gañar. Temos un grupo moi sano dentro do vestuario donde todas remamos a unha e esas cousas despois vense cando sales o campo. Asique en resumen a final hai que afrontala con gañas, ilusion e sin presións de ningun tipo”.

++++

“Primeiro as gracias pola gran colaboración connosco e despos o noso desexo de que se vexa unha final fermosa e que gañe quen máis o mereza e o principal que non haxa ningunha lesionada”.

 

O ENCONTRO

CF Dumbría-CF Muxía 

-Día : 08/06/2025

-Hora : 17:00

-Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)

-Árbitra principal : Andrea Barbeira Vilar

-Árbitras asistentes : María Pérez e Aisha González

-Cuarta árbitra : Xiana Barbeira

 

ASÍ FOI O CAMIÑO ATA A FINAL DE AMBOS CONXUNTOS

-Foto Santi Cubelo : FaceBook Veteranos Dumbría

-Foto Isma Marquez . Xosé Búa “Pirata”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”