PREVIA : ESTEIRANA E CORISTANCO BUSCARÁN HOXE 13 DE XUÑO, UN POSTO NA FINAL DA “COPA DA COSTA CADETE” NA QUE ESPERA O CAMARIÑAS RIVAL.

 

Na tarde de hoxe a partires das 20:00 horas, o Xosé Luis Vara vestirase de gala para presenciar o encontro antre o SCDR Esteirana e o SD Coristanco de cadetes, cun encontro que ten un gran premio, filtrarse na finalísima da “Copa da Costa de Cadetes”, que se celebrará o 23 de Xuño, con campo e horario por determinar, e na que espara rival o EFC Camariñas “Juan Cabrejo”, que na semifinal xogada a pasada fin de semana derrotaba ao Soneira por 2-0. Con esta completaranse as 3 finais do Fútbol 11 Base da Costa, xa que no día de onte completabase a de xuvenís, que terá o Dumbría e ao Fisterra como finalistas, e xa na pasada fin de semana completábase a de infantís, que será Cee-Miúdos.

O encontro desta tarde no campo esteirán estará dirixido por Julián Buján Vidal, auspiciado nas bandas por Joel García e Eloy Vento. En lia as cousas estiveron moi parexas antre esteiráns e coristanqueses, pois cada un gañaba o seu encontro como local, e en ambos había moitos goles. Na Terra da pataca os coristanqueses levábanse a vitoria por 5-3 e nas Salinas eran os esteiráns os que vencían por 4-2. Na clasifiación final dase unha casualidade pois os de Coristanco remataban no 5º chanzo, os esteiráns no 6º, e os camariñans, (que xa son finalistas), quedaban no 7º lugar, pero todos eles con 65 puntos.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies